У нас вы можете посмотреть бесплатно TREIXADURA interpreta "Cantigas de Camariñas" или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
TREIXADURA interpreta "Cantigas de Camariñas" para o programa de TVG "NO BICO UN CANTAR" Ver programa: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/canti... As Cantigas de Camariñas están formadas por varias coplas que se conservaron na memoria popular durante xeracións, cantadas unha e outra vez en palilladas e festas populares. Pero houbo algúns feitos que as converteron nunha das pezas máis coñecidas do cancioneiro galego: primeiramente a incorporación ao repertorio dos coros polo músico coruñés Adolfo Anta Seoane e despois a gravación que fixo en 1979 o grupo Petapouco, formado en Barcelona e do que era integrante un coñecido camariñán: Xosé Luís Blanco Campaña. Nesta entrega do espazo da TVG, os espectadores coñecen a historia das Cantigas de Camariñas da man do propio Xosé Luís Blanco, da familia de Adolfo Anta Seoane, de quen a cantou no Coro da Real Fábrica de Tabacos da Coruña e dos camariñáns, que falan do sentimento que lles provoca cantar e escoitar esta peza que levou o nome da súa vila por todo o mundo. Co ambiente das palilladas, coa bravura do litoral camariñán e coa festa da Virxe do Carme de fondo, o programa ofrece as versións que desta fermosa cantiga fixeron Treixadura, Lucía Pérez, Xaime Estévez, Os Panchos do Jolfendro, o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, Vellos Ventos, o gaiteiro Xavier Blanco e o Cuarteto Egeria. Visita a nosa canle: alala.crtvg.es