• ClipSaver
  • dtub.ru
ClipSaver
Русские видео
  • Смешные видео
  • Приколы
  • Обзоры
  • Новости
  • Тесты
  • Спорт
  • Любовь
  • Музыка
  • Разное
Сейчас в тренде
  • Фейгин лайф
  • Три кота
  • Самвел адамян
  • А4 ютуб
  • скачать бит
  • гитара с нуля
Иностранные видео
  • Funny Babies
  • Funny Sports
  • Funny Animals
  • Funny Pranks
  • Funny Magic
  • Funny Vines
  • Funny Virals
  • Funny K-Pop

MANUEL RILO PARDO 🎼 O RILO DE BETANZOS скачать в хорошем качестве

MANUEL RILO PARDO 🎼 O RILO DE BETANZOS 3 года назад

скачать видео

скачать mp3

скачать mp4

поделиться

телефон с камерой

телефон с видео

бесплатно

загрузить,

Не удается загрузить Youtube-плеер. Проверьте блокировку Youtube в вашей сети.
Повторяем попытку...
MANUEL RILO PARDO  🎼 O RILO DE BETANZOS
  • Поделиться ВК
  • Поделиться в ОК
  •  
  •  


Скачать видео с ютуб по ссылке или смотреть без блокировок на сайте: MANUEL RILO PARDO 🎼 O RILO DE BETANZOS в качестве 4k

У нас вы можете посмотреть бесплатно MANUEL RILO PARDO 🎼 O RILO DE BETANZOS или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:

  • Информация по загрузке:

Скачать mp3 с ютуба отдельным файлом. Бесплатный рингтон MANUEL RILO PARDO 🎼 O RILO DE BETANZOS в формате MP3:


Если кнопки скачивания не загрузились НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru



MANUEL RILO PARDO 🎼 O RILO DE BETANZOS

Documental Biográfico sobre o lexendario gaiteiro "O Rilo de Betanzos". Manuel Rilo Pardo, coñecido como O Rilo de Betanzos ou O vello Rilo, nado en San Nicolao de Cis (Oza dos Ríos) en 1829 e finado na parroquia de Salto do mesmo concello o 16 de marzo de 1907, foi un gaiteiro da comarca de Betanzos. Acadou sona participando nos frecuentes certames de gaiteiros de finais do século XIX, nunha época na que aparecían a nivel europeo novas correntes de pensamento enaltecedoras do folclore, e na que o galeguismo facía de gaitas e gaiteiros un dos seus símbolos. A súa coñecida figura, inmortalizada polo artista Xosé Veiga Roel, e o seu repertorio, propio do gaiteiro tradicional, eran contrapostos na prensa da época ao de gaiteiros máis innovadores que introducían no panorama musical galego novas pezas, vestimenta e instrumentación. Fillo da moza solteira Antonia Rilo, Manuel Rilo Pardo naceu en San Nicolao de Cis no ano 1829. Este é o dato que figura na súa partida de defunción, se ben a acta do seu segundo casamento no ano 1881, atribúelle corenta anos, o que atrasaría o seu nacemento até o 1841. Os trinta anos de idade de Manuela Couso, a súa segunda esposa, fan sospeitar que o vello gaiteiro declarase unha idade inferior a que contaba na realidade, cincuenta e dous anos. Ferreiro de profesión, Rilo subsistía tamén como labrego e gandeiro, tendo casa no lugar de Piadela. Coñecido polas súas habilidades manuais, sábese que elaboraba el mesmo os roncóns e punteiros de buxo das súas gaitas. A súa simpatía e extraversión, as súas cantigas e a súa sona de bo cantor facíao benquerido en todo acto festivo da súa comarca. Das súas actuacións na contorna betanceira existe abondosa información na impresa local. Durante toda a década do 1890 amenizou as festas de Santo Antón Abade, o que fai pensar que Rilo posuía un dos contratos vitalicios que adoitaban asinarse cos gaiteiros. A festa duraba dous ou tres días durante os que Rilo tocaba animando paseos, xantares e funcións relixiosas. Era tradición nesta festividade o sorteo dun porco criado durante o ano pola veciñanza ao que se lle permitía camiñar ceibo polas rúas da vila. Rilo amenizaba todo o cerimonial da rifa do porco, acompañando a súa entrega en procesión até o fogar da familia agraciada. O vello Rilo debeu empregarse tamén como gaiteiro das tradicionais danzas gremiais celebradas durante as festas patronais de San Roque. De feito aparece xunto aos bailadores da danza do gremio de labradores nunha fotografía do ano 1902. O vello Rilo non tivo a fortuna doutros gaiteiros da súa época, caso de Manuel Castro de Penalta ou Xan Mella de Baio, que ficaron inmortalizados por Curros Enríquez e Enrique Labarta. Tan só un poeta da súa vila, Fernando García Acuña, foi quen de dedicarlle en vida un par de poemas en pequenas revistas da época. A súa lembranza foise pois esvaendo aos poucos, mais nunca de todo, pois vinte anos despois da súa morte, o mestre betanceiro Xoán Díaz Fernández dedicáballe uns versos nunha publicación da emigración e pouco máis tarde o erudito Francisco Vales Villamarín un soneto en galego. Unha fotografía súa, conservada no arquivo de Vales Villamarín, serviu de inspiración a outro artista betanceiro, Xosé Veiga Roel. Con ela realizou un debuxo a lapis do rostro do gaiteiro e un retrato de corpo enteiro. A forza deste coñecido retrato popularizouse e pasou a empregarse profusamente en carteis de festas, foliadas, romarías, discos etc. Mesmo existe unha escultura de corpo enteiro inspirada no retrato nas oficinas do concello de Ortigueira, lugar onde Rilo actuou por última vez. Tamén o concello de Betanzos lle prestou unha pequena homenaxe ao poñer o seu nome a unha das aulas da Escola Municipal de Folclore (EMUF) no ano 2015. No ano 1986, o gaiteiro Xoán Carlos Rilo, descendente do vello Rilo, publicou no Anuario da Gaita da Escola de gaitas da deputación de Ourense a partitura da muiñeira de Piadela. Esta peza do vello Rilo incorporouse ao repertorio popular, e conta hoxe con centos de versións de gaiteiros e grupos de todo o mundo. A peza foi empregada tamén no ano 2017 polos veciños de Samede, pequena vila mariñá do concello de Paderne, no proceso de recuperación do tradicional entroido da vila. Unha das tradicións da festividade consistía no baile dunha muiñeira cruzada, para a que dada a imposibilidade dos informantes de indicar a música utilizada optaron pola muiñeira do vello Rilo. Manuel Rilo deixou a transmisión doutra peza, unha muiñeira redonda, se ben actuando esta vez como informante, e a chamada "muiñeira do vello Rilo", que posibelmente sexa tamén obra súa. No ano 2021 o gaiteiro e artesán Pablo Carpintero construíu dúas replicas da gaita do vello Rilo, conservada até entón coma un tesouro pola súa familia. Unha das versións da gaita con ronquillo e outra sen el xa que lle foi roubado nun dos certames gaiteiros aos que habitualmente asistía. No Allo

Comments
  • A.C.Donaire no LUAR, bailan Carballesa de Folgoso do Courel 9 лет назад
    A.C.Donaire no LUAR, bailan Carballesa de Folgoso do Courel
    Опубликовано: 9 лет назад
  • BETANZOS: ¿Qué ver en 1 día con niños? - Episodio II 4 года назад
    BETANZOS: ¿Qué ver en 1 día con niños? - Episodio II
    Опубликовано: 4 года назад
  • Muiñeira do Chao, no Chao de Pousadoiro 4 года назад
    Muiñeira do Chao, no Chao de Pousadoiro
    Опубликовано: 4 года назад
  • XAN MÍGUEZ GONZÁLEZ 🎼 O VENTOSELA 3 года назад
    XAN MÍGUEZ GONZÁLEZ 🎼 O VENTOSELA
    Опубликовано: 3 года назад
  • Pasodobre do Agoeiro 2 года назад
    Pasodobre do Agoeiro
    Опубликовано: 2 года назад
  • Ombre tra i Canali, Amore Mio ❤️ Итальянский винтажный роман 1960-х годов | Венецианская песня о люб 1 час назад
    Ombre tra i Canali, Amore Mio ❤️ Итальянский винтажный роман 1960-х годов | Венецианская песня о люб
    Опубликовано: 1 час назад
  • Grupo Farfalludo - Xacarandaina - mestra: Salomé Couso Castro 14 лет назад
    Grupo Farfalludo - Xacarandaina - mestra: Salomé Couso Castro
    Опубликовано: 14 лет назад
  • Muiñeira de Piadela | Santigo Molina | EN VIVO | 2 года назад
    Muiñeira de Piadela | Santigo Molina | EN VIVO |
    Опубликовано: 2 года назад
  • BEADE QUE VER 🏞️ 1 год назад
    BEADE QUE VER 🏞️
    Опубликовано: 1 год назад
  • Muiñeira de Ancadeira 7 лет назад
    Muiñeira de Ancadeira
    Опубликовано: 7 лет назад
  • Alalá nº 56 10 лет назад
    Alalá nº 56 "César Fernández" - TVG
    Опубликовано: 10 лет назад
  • Alala 126 Músicas Completas de 11 лет назад
    Alala 126 Músicas Completas de "Bartolo" - TVG
    Опубликовано: 11 лет назад
  • Bordonía. Gaita Multibordón. Xoán Carlos Rilo 5 лет назад
    Bordonía. Gaita Multibordón. Xoán Carlos Rilo
    Опубликовано: 5 лет назад
  • Galician folk dance:  Xota 7 лет назад
    Galician folk dance: Xota
    Опубликовано: 7 лет назад
  • Dani Bellón en Soutelo 2006 18 лет назад
    Dani Bellón en Soutelo 2006
    Опубликовано: 18 лет назад
  • RICARDO PORTELA 🎼 RICARDO EMILIO AVELINO PORTELA BOUZAS 3 года назад
    RICARDO PORTELA 🎼 RICARDO EMILIO AVELINO PORTELA BOUZAS
    Опубликовано: 3 года назад
  • Danza Do Entroido 8 лет назад
    Danza Do Entroido
    Опубликовано: 8 лет назад
  • MUIÑEIRA DE LUGO (1) 14 лет назад
    MUIÑEIRA DE LUGO (1)
    Опубликовано: 14 лет назад
  • Ribeirana de Vigo - Coro Galego Cántigas da Terra 10 лет назад
    Ribeirana de Vigo - Coro Galego Cántigas da Terra
    Опубликовано: 10 лет назад
  • Réplica da gaita do Rilo de Betanzos - Danza de paus de Betanzos (Casto Sampedro nº 398) 4 года назад
    Réplica da gaita do Rilo de Betanzos - Danza de paus de Betanzos (Casto Sampedro nº 398)
    Опубликовано: 4 года назад

Контактный email для правообладателей: [email protected] © 2017 - 2025

Отказ от ответственности - Disclaimer Правообладателям - DMCA Условия использования сайта - TOS



Карта сайта 1 Карта сайта 2 Карта сайта 3 Карта сайта 4 Карта сайта 5