У нас вы можете посмотреть бесплатно Alalá nº 86 "Dario Diaz"- TVG или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
ALALÁ nº 86 "Dario Diaz" Emisión TVG: 17 de novembro de 2008 A nosa homenaxe ó gaiteiro de Paíme. A última melodía de Darío Díaz no programa Alalá O Programa Alalá desta semana ten unha mestura de sentimentos: o de felicidade e unha profunda tristura. Felicidade por ter chegado a tempo de coñecer un gran gaiteiro, tenro e cheo de ilusión e entusiasmo e unha profunda tristura porque hoxe él xa non pode gozar de verse e escoitarse na televisión. Ó comezo de outubro o gaiteiro de Paíme deixounos para sempre e para todos os que facemos o programa, o Alalá desta noite é a nosa particular homenaxe a un músico que nos cativou o corazón. Pouco antes do seu pasamento viu o programa e, polo que nos contou a súa muller, a súa adorada Josefa, gustoulle moito e nos así llelo imos ofrecer. Darío vivía coa súa muller en Paíme, en Ribeira de Piquín, un deses lugares ós que hai que ir sen présa, para admiralo e para descubrir como pasaba a vida o noso protagonista. Era moi tranquilo e humilde na súa maneira de ser. A música deste gran gaiteiro das montañas de Lugo foi a súa paixón, para el un mundo sen ela non sería tal e hoxe veremos como compaxinou o traballo diario, de agricultor, coa de “luthier afeccionado”xa que cando precisaba un recambio para a gaita era quen de facelo coas súas propias mans. Nunca soñou con ser unha estrela, co éxito, pero este chegou e os que o coñecían admiraban o seu xeito de tocar. Darío non imaxinaba como sería a súa vida sen algo tan fundamental. Polos anos cincuenta formábase o cuarteto “Airiños da Ribeira”. Durante dez anos tocaron nunha chea de festas e tiveron moito éxito. O repertorio sacábano doutros gaiteiros, da radio, das bandas de música ou as de composición propia. O peor momento para a música foi durante e despois da guerra. Darío recorda que os gaiteiros tiñan que sacar un permiso especial para tocar, un carné que os recoñecía como tal. Coa terriña e co gando sacaban para vivir xa que o xornal dunha gaita non chegaba para cinco que eran na casa. Outra parte importante do seu sustento proviña da sega de Castela á que Darío foi durante máis de vinte anos ¡Así foi a súa vida! Unha vida fascinante e chea de amor, o que profesaba pola súa dona, da que confesaba estar namorado e coa que volvería casar sen pensalo un intre. Así era Darío, un gaiteiro de ritmo fino e afinación precisa – así o caracteriza Pablo Carpintero que o coñecía moi ben, a nivel persoal e profesional- e un home bondadoso e bo. Gracias Darío por ofrecernos a túa memoria musical e por compartir con nós a fermosa historia da túa vida.