У нас вы можете посмотреть бесплатно CAPÍTULO 28: ENCAIXANDO AS PEZAS DA MEMORIA или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Ás veces, as pezas do puzzle comezan a encaixar. Despois de anos de loita, a xustiza anulou o consello de guerra que condenou á pena capital a Amada García, militante comunista de Mugardos fusilada no 1938 en Ferrol. Foi todo un acto de reparación que chega 88 anos despois da súa execución. En Ponferrada, mentres, o equipo de Sputnik Labrego conseguiu dar cos verdadeiros restos do guerrilleiro Manuel Girón, abatido pola Garda Civil no 1951. Son dúas das historias do capítulo 28 deste podcast no que falaremos da iniciativa do concello de Tui para anular os xuízos ditadura, ou da proposta da asociación MoradAura de Padrón para conseguir que a antiga Azucreira de Iria Flavia que albergou un campo de concentracion durante a guerra sexa recoñecida como Lugar de Memoria Democrática. Pero ademais falamos da nova páxina Mulleres, homes e homiños da CRMH que recolle as fichas de 18.000 vítimas do franquismo e da iniciativa da comisión O Castro para salvar o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada. Moitas grazas ao historiador Bernardo Maiz, a Alejandro Rodríguez, de Sputnik Labrego; a Enrique Cabaleiro, alcalde De Tui; a Carla da Asociación MoradAura de Padrón; a o investigador Luis Sánchez, colaborador da CRMH e a Iris Friné-Rivera, da comisión O Castro.