У нас вы можете посмотреть бесплатно Visita ao Belén CRA de Oroso 2025 или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
O Belén: tradición, arte e moito corazón Esta semana tivemos a enorme sorte de visitar o Belén de Carmen, un lugar onde a maxia do Nadal cobra vida en cada recuncho. Un belén único, feito con agarimo e paciencia, no que conviven dúas marabillas:unha parte elaborada en chocolate, que sorprende e emociona,e outra composta por figuras tradicionais, colocadas con mimo, respecto e un coidado exquisito polo detalle. Presidindo todo o espazo, un xigantesco árbore de Nadal, cheo de luz e ilusión, arredor do cal xira un fermoso tren iluminado, que fai soñar a pequenos e maiores. Todo acompañado de plantas naturais, coidadas durante todo o ano para que sigan formando parte desta creación viva e chea de sentido. Desde o máis fondo do noso corazón queremos agradecer a esta familia do Concello de Oroso a súa xenerosidade, por abrir as portas da súa casa e compartir con todos nós un traballo tan elaborado, tan fermoso e tan cheo de amor pola tradición. O Belén de Carmen non é só un belén: é unha experiencia, un exemplo de dedicación e unha xoia do Nadal que merece ser coñecida, recoñecida e visitada. Animámosvos a vivilo e a darlle o valor que merece este auténtico tesouro do noso concello. Grazas por facer do Nadal algo tan especial #BelénDeCarmen #NadalEnOroso #TradiciónQueLatexa #NadalConAlma #OrgulloDoNosos #MaxiaDoNadal #OrosoEnNadal #bibliotecaescolar #bibliotecacreativa #lecturaefamilias #pingüibiblio #biblioteca #bescolaresgal #cafi @bescolaresgal @eduxunta @cafigalicia @concellodeoroso @craoroso @anpareviravoltas @voznatura