У нас вы можете посмотреть бесплатно Serra do Candán. Neveiras de Fixó - 26 novembro 2022 - Roteiros Galegos или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Descrición da ruta ➡️ https://roteiros.gal/serra-do-candan-... A ruta comeza en Covas, preto do Cachafeiro, en Forcarei. Durante os primeiros catro quilómetros transita por zonas gandeiras, bosques e algunha que outra plantación forestal ata chegar á Portela e Fixó. Aquí comeza un percorrido circular que nos leva a ver e coñecer as Neveiras de Fixó. Dende Fixó temos unha subida constante de algo máis de dous quilómetros que nos conduce ata unha das zonas altas da Serra do Candán, onde están situadas as neveiras. Logo o camiño convértese nun estreito sendeiro que vai rodeando a Pena de Malpaso ata chegar a un estupendo miradoiro dende onde podemos observar o monte Coco e a súa devesa, o val de Grobas, o alto de San Bieito e a sinuosa e complexa orografía do Candán. Dende aquí regresamos por camiños bos novamente ata a Portela e, de aí, ás proximidades de Malburgo, onde rematamos o percorrido. Os camiños en xeral son bos, salvo o tramo que rodea Malpaso, aínda que pode haber bastante lama nalgún tramo. As paisaxes son variadas e moi fermosas. O uso das neveiras en Galicia data do século XVI e parece que se utilizaron ata o s. XIX. Usábanse para acumular a neve e transformala en xeo, que era empregado para tarefas de conservación de alimentos e incluso fins terapéuticos. As de Fixó, estaban xestionadas polos monxes do mosteiro de Aciveiro, situado nas proximidades. Lonxitude: 14 km Desnivel: medio Dificultade: media