У нас вы можете посмотреть бесплатно Galegos no mundo - Programa 57: San Paulo или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
O equipo do programa "Galegos no Mundo" viaxará hoxe a São Paulo, a maior cidade do hemisferio sur, a segunda de América e unha das máis poboadas de todo o globo. Alcumada polos brasileiros como "a cidade que non pode parar" e considerada como a mellor cidade para facer negocios en América Latina, São Paulo é o principal centro financeiro do Brasil e un dos maiores a nivel mundial. Nesta cidade de contrastes, o espazo da TVG atopará a Francisco Cotón, natural do concello coruñés de Oroso, que leva 55 anos no Brasil e que lles amosará aos espectadores o Museo de Fútbol. Pola súa parte, a outense Isa Tomé, que leva dous anos na cidade dando clases de galego, amosará a constante animación dos mercados da rúa. Óscar Curros é outro dos galegos cos que o programa se atopará en San Paulo. O xornalista compostelán, que leva xa sete anos na cidade, amosará a súa última afección: a capoeira. Ademais, os espectadores coñecerán a Ramón Portas, natural de Baión, un exemplo de home que se fixo a si mesmo e que agora pode permitirse xogar ao tenis e ao golf e ter unha casa na praia. Finalmente, da man do silledense Jorge Míguez, profesor de español no Instituto Cervantes, "Galegos no Mundo" coñecerá a avenida Paulista, a praça da Sé ou O Patio do Colexio.