У нас вы можете посмотреть бесплатно Muiñeira do Morrazo – Os Alegres или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Programa da TVG, Alalá nº 167: Os Alegres. Data de emisión: 21/12/2010 • Alalá nº 167 "Os Alegres" - TVG OS ALEGRES. Alejo Aboal Pérez, gaiteiro de Mourente, creou en 1938, o grupo que co paso do tempo chamaríase Os Alegres. Non darían a súa primeira actuación cun cartaz ata o ano seguinte, pero xa estaban postos os alicerces do que actualmente é o grupo folclórico máis antigo da Galiza”, e pode que de España tamén, aínda que isto é máis. difícil de demostrar", segundo Dionisio Aboal, fillo do fundador e presidente da agrupación pontevedresa. En 1974 morre Alejo Aboal, polo que Dionisio (Pontevedra, 1945), cumprindo a promesa que lle fixo no leito de morte, permanece á fronte do grupo. "Díxome que non a deixase, e así o fixen", di orgulloso. Dionisio Aboal quería aprender a reparar instrumentos pola súa conta, para non ter que depender de obradoiros doutros puntos de Galicia, pero tiña que aprender de xeito independente, por que os artesáns que coñecía non ensinaban as súas artes para evitar ter competencia. Montou o obradoiro e comezou a aprender no ano 74. Agora acompaña a Dionisio, o seu sobriño José e o seu fillo menor, Anxo. José adícase aos istrumentos de vento e corda, como gaitas ou zanfonas, mentres que Anxo e Dionisio adícanse aos instrumentos de percusión. O recoñecemento polo seu labor divulgativo e de recuperación chegou no ano 2008 co Premio Cidade de Pontevedra.