У нас вы можете посмотреть бесплатно Os Sequeiros da Pena Folenche dende o aire (A Pobra de Trives - Ourense) или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
OS SEQUEIROS: Estas pequenas edificacións chamadas “Sequeiros” remontannos a épocas pasadas, xa que estes eran os lugares onde se secaban as castañas. Os vecinos dos pobos de máis altos da montaña durante a tempada de labores de recollida e secado da castaña, permanecían nos Sequeiros, creando un pobo. Esto sucedía cada outono durante un mes aproximadamente. VAL DO NAVEA: Foi declarado Paisaxe Protexido, o primeiro do seu xénero en Galicia, nunha zona por onde o río Navea forma espectaculares paraxes fluviais e a vexetación tradicional mantén destacados exemplos de flora e fauna. O val do río Navea conta agora cunha figura legal de protección e desenvolvemento sostible pola súa importancia como corredor natural entre o Macizo Central ourensán e o sistema fluvial Miño – Sil. Esta zona preservada, aprobada polo Consello da Xunta, supón a aplicación práctica por primeira vez da Lei de Protección da Paisaxe polo gran interese natural do entorno, con soutos de castiñeiros de máis de 200 anos, rebolos centenarios, e unha variada fauna. Ten un alto interés botánico debido sobre todo á presenza de comunidades de pastizales como os “cervunales” e os formados por Festuca. O obxectivo da declaración é a conservación do espacio, dar a coñecer o enclave e contribuir á dinamización da economía local. Esta declaración tamén quere preservar as costumes e a identidade conformadas polo contorno.