У нас вы можете посмотреть бесплатно Residencia artística de Davide Bucci no órgano da Catedral de Tui ::: Música no Claustro 2021. или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
O órgano da Catedral de Tui é un instrumento de grande recoñecemento por intérpretes internacionais. O novo instrumento, construído por GERHARD GRENZING, foi instalado en 1995 dentro do monumental moble histórico do século XVIII. Despois de 25 anos nos que se realizaron puntuais tarefas de mantemento e afinacións, o Cabido da S.I. Catedral de Tui acaba de acometer unha limpeza profunda do órgano. Este proceso, realizado polo propio obradoiro de Grenzing, favorece a conservación preventiva dun dos principais instrumentos do patrimonio cultural galego. Para celebralo, Música no claustro convida ao músico italiano Davide Bucci a unha residencia artística de nove días na Catedral de Tui que finaliza con este concerto. Organista polo Pontificio Istituto di Musica Sacra do Vaticano, a formación de Davide Bucci (Tarento, 1992) está vencellada ao mestre Federico del Sordo, así como as súas especializacións en música romántica con Roberto Marini e en improvisación organística con Theo Flury. Actualmente, Davide Bucci é organista substituto na Basilica di Santa Maria Maggiore de Roma. Davide Bucci chega a Tui con partituras de Antonio de Cabezón (1510-1566), Domenico Zipoli (1688-1726) ou Johann Sebastian Bach (1685-1750) na súa equipaxe, xunto á Sonata núm.3 para órgano de Felix Mendelssohn (1809-1847). O repertorio final do recital é o resultado do seu encontro co órgano durante esta residencia artística, nunha exploración de rexistros e sonoridades. En paralelo, Davide Bucci indaga no legado musical e documental da Catedral. Partituras históricas sobre as que crea unha improvisación ex professo coa que remata a exploración das resonancias pétreas do templo. https://www.musicanoclaustro.com/2021...