У нас вы можете посмотреть бесплатно Luci - Capítulo 1: "De relax con mamá" или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
A TVG ofrece o primeiro episodio desta comedia de situación, titulado "De relax con mamá". Nel, Luci recibe unha visita que non lle fai ningunha graza: Soledad (María Costas), a súa nai, aparece para na súa casa para pasar uns días. Non sabe que Luci e Berto están separados, pero grazas a Hadrián non tarde en decatarse. Soledad convida (ou máis ben, obriga) a Luci a pasar unha fin de semana con ela nun balneario. Semella un bo plan, se non fose porque o terremoto de Soledad sabe como ninguén como facer rabiar a súa filla. Luci sempre foi incapaz de dicirlle que non á súa nai e, sabendo que a viaxe será de todo menos relaxante, accede a ir. Unha vez alí, Soledad non deixa de meterse con ela. Luci ármase de valor e decide, por unha vez na vida, pór a súa nai no seu sitio. Pero, xusto cando está a piques de dicirlle catro cousas, Soledad comeza a chorar e confésalle que a súa parella tamén acaba de deixala. Ambas as dúas toman unhas copas e viven unha noite de desenfreo e diversión. Ao día seguinte, Luci está encantada de rachar a barreira que a separaba da súa nai, pero a ledicia dúralle pouco, xa que Soledad segue a ser a mesma lercha de sempre.