У нас вы можете посмотреть бесплатно Kip S. Thorne. Programa ConCiencia 09/05/2025 или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
O Premio Nobel de Física 2017, Kip S. Thorne, pronunciou no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, o relatorio 'Explorando o lado curvado do noso universo. Dende buratos negros e buratos de verme ata ondas gravitacionais e viaxes no tempo'. A conferencia de Thorne enmárcase dentro do programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, centrado na proxección pública da ciencia e que, dende 2006, trouxo a Compostela máis dunha trintena de premios Nobel. Kip Thorne, que obtivo o Nobel "polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación de ondas gravitacionais", especializouse no estudo de buracos negros e estrelas de neutróns, e explorou a estrutura do espazo-tempo interesándose na posibilidade de realizar viaxes no tempo mediante buracos de verme. Durante décadas formou a xeracións de persoas que se dedican á Física e traballou xunto a figuras clave como Stephen Hawking e Roger Penrose (Premios Fonseca nos anos 2008 e 2011, respectivamente). Ademais, nos últimos anos mantivo unha estreita colaboración co cineasta Chistopher Nolan, a quen brindou asesoramento científico nalgúns dos seus títulos máis emblemáticos como é o caso dos filmes Interstellar (2014) ou Oppenheimer (2023). O programa de divulgación científica ConCiencia procura non só a proxección de Santiago como foco universal do pensamento, senón que tamén serve de ponte para o reforzamento de contactos científicos entre líderes da máxima relevancia e o corpo de persoal investigador da USC.