У нас вы можете посмотреть бесплатно Unha iniciativa universitaria para falar de política, combater a polarización e recuperar o respecto или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
A Universidade da Coruña acollerá os vindeiros 28 e 29 de xaneiro a segunda edición de Parla Coruña, unha iniciativa académica que simula o funcionamento do Congreso dos Deputados e que se está a consolidar como un dos principais espazos de debate político universitario en Galicia. O proxecto, impulsado por alumnado de diferentes graos e coordinado pola profesora Andrea Fachado, medrou de maneira notable respecto á súa primeira edición, tanto en participación como en alcance territorial. “Parla Coruña é unha simulación do Congreso dos Deputados que tivo unha enorme acollida na súa primeira edición”, explicou Fachado durante unha entrevista en Radio Líder Santiago. A docente subliñou que a iniciativa naceu directamente do alumnado: “É unha idea que xorde deles, dun grupo de estudantes, e sen eles non existiría”. Nesta segunda edición participarán máis de 50 estudantes procedentes das universidades da Coruña, Santiago, Vigo, Ferrol e Ourense, pertencentes a graos tan diversos como Economía, ADE, Dereito, Relacións Internacionais, Xestión Industrial da Moda ou mesmo estudos creativos. Un dato que, segundo a organización, confirma o interese transversal da mocidade pola política e polos asuntos públicos. Cinco comisións e cinco partidos para debater os grandes retos actuais O evento estrutúrase arredor de cinco comisións temáticas: Facenda, Vivenda, Defensa, Asuntos Exteriores e Cultura. Durante dúas xornadas, os estudantes debaterán, negociarán e votarán propostas, reproducindo con rigor o funcionamento dun parlamento real. “Creamos cinco partidos diferentes, cunhas posturas ideolóxicas semellantes ás do Congreso real, pero con programas propios”, explicaron os estudantes Jorge e Enzo, membros do equipo organizador. As formacións van desde opcións de dereita ata esquerda, pasando polo centro liberal e o centro esquerda, incluíndo tamén o Fronte Popular Galega, unha forza de carácter galeguista. O obxectivo non é só debater, senón aprender a chegar a acordos. “Aquí todo o que se decide ten consecuencias reais dentro da simulación, e todo debe estar argumentado”, sinalaron. Un exercicio que fomenta o pensamento crítico, a responsabilidade política e a capacidade de diálogo. A vivenda, a gran preocupación da mocidade Entre todos os temas a tratar, hai un que destaca claramente: a vivenda. Para a maioría dos participantes, trátase do problema máis urxente para a súa xeración. “Estamos nun punto crítico no que hai que actuar xa. As xeracións máis prexudicadas polo acceso á vivenda somos os mozos”, afirmou un dos estudantes. A maioría vive actualmente en pisos compartidos e percibe enormes dificultades para emanciparse. “É un problema que temos que empezar a cambiar desde agora”, insistiron. Andrea Fachado coincidiu en que este asunto será, con toda probabilidade, o eixo central do pleno final: “Todo apunta a que a vivenda será o tema principal do segundo día”. Combater a polarización e recuperar o respecto Outro dos grandes valores de Parla Coruña é a súa aposta por rebaixar a polarización política. “Estamos nun momento no que é moi difícil chegar a acordos; todo está moi polarizado”, recoñeceu Jorge. Para el, iniciativas como esta permiten “escoitar as opinións dos demais e remar todos na mesma dirección”. Desde a organización tamén se fixo fincapé na importancia de recuperar o respecto no debate político: “Aquí aprendemos liberdade de expresión, pensamento crítico e respecto, algo que botamos de menos na política actual”. A profesora Fachado destacou ademais o potencial da mocidade: “Temos unha xuventude implicada, formada e con conciencia social. Iso é fundamental para o futuro da democracia”. Un proxecto con vocación de futuro Parla Coruña non quere ser un evento puntual. O equipo organizador xa pensa a longo prazo. “É un proxecto que non queremos que morra, queremos que siga medrando edición tras edición”, aseguraron, anunciando incluso a incorporación dun fotógrafo profesional para documentar esta edición e crear memoria histórica do proxecto. A simulación celebrarase na Facultade de Economía e Empresa da UDC, cunha sesión inaugural con xuramento da Constitución, traballo en comisións e un pleno final no que se aprobarán —ou non— as propostas debatidas.