У нас вы можете посмотреть бесплатно Alalá nº 176 "Xoaquín Míguez (O Xocas)" - TVG или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Alalá nº 176 "O Xocas (Pazos de Borbén)" - TVG Emisión en Televisión de Galicia: 23/03/2011 http://alala.crtvg.es A paixón que senten algunhas persoas pola nosa música non deixa de sorprendernos, este é o caso de Xoaquín Míguez, mais coñecido como O Xocas. Naceu nas Muras, no Concello de Pazos de Borbén e adorou a música, a de gaita sobre todo, desde que era un cativiño. O seu pai, que tamén era gaiteiro e a súa familia non quería que tocara porque pensaban que podía “enfermar do peito” de tanto soplar. O Xocas non foi capaz de obedecer nunca a esta petición dos pais e, con dez anos, fundou o seu primeiro grupo: “Los Infantiles de las Muras” e asinaron o seu primeiro contrato para unha actuación. Ós catorce anos emigrou ó Brasil e na viaxe foi tocando a gaita. Desde sempre foi un rapaz inquedo e cando volveu a Galicia non parou, levou a música da gaita ata Inglaterra, Canadá ou as Bermudas e un bo día comezou a construir unha bancada de madeira á que lle acoplou un torno e nese momento inciouse na súa etapa de artesán. Comezou a fabricar gaitas, algunhas son pezas únicas que namoraron ós mellores gaiteiros como Moxenas. Nunca deixou o mundo da música: investigou, deseñou novas ferramentas, novas palletas como a palleta de chaleco e unha chea de novidades para mellorar a sonoridade da gaita. Pero non deixou de tocar nunca!, segue a tocar e a compoñer pezas... a última que fixo foi a que adicou á súa netiña, Antía. Por si esto fose pouco hai que engadir a súa faceta de mestre, forma parte de xurados, da conferencias e colabora en todo o que pode, en Galicia e fóra dela. Despois de tantos anos, coñece tódolos segredos da gaita e está disposto a enseñarllos a quen queira escoitalo. Así que hoxe, aprenderemos moitas cousas do gran mestre Xoaquín Míguez, O Xocas.