У нас вы можете посмотреть бесплатно A praia | A beleza | Cintaadhesiva | LGx15 или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Actuación de Cintaadhesiva no LGx15 de 2025 A praia pertence ao traballo Cintaadhesiva, vol. 2 e A beleza está incluída no traballo Fronteira Paraíso. --- O proxecto @CINTAADHESIVA parte dunha relación estreita cos diferentes usos da cinta americana, fiso, pegamento e medio, blu tack e outro tipo de sistemas de fixación e ensamblaxe, agás o loctite e demais fluídos non flexibles, e a súa faceta para unir e superpoñer sempre sobre unha base porosa e escorregadía. Disciplinas como poesía, música, videoarte e posta en escena reméndanse unhas ás outras nun espectáculo pensado para o directo, para acción (aínda que en contra desta afirmación existan varios volumes en forma de cd á venda ou de libre escoita en bandcamp), pois xorde da intención de apelar á escoita e á visión pero tamén a outras partes sensibles e sensoriais do corpo de maneira que o que se produza sexa unha «vivencia». Ten como base os ámbitos literario e musical, xa que se trata do proxecto orixinal da poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada. Unha parte importante do conxunto son textos poéticos integrados na música (non acompañados pola música). O espectáculo intercala tamén temas cantados compostos polos mesmos autores. Cintaadhesiva é un dúo que podería inserirse no xénero coñecido como “e-poesia”: poesía con música electrónica, xa que a electrónica é a base principal das composicións de Jesús Andrés (con reminiscencias do post-rock, dream pop e ambient). En directo compoñen o grupo: Jesús Andrés (vídeo e son) e Silvia Penas (voz). Un concerto de Cintaadhesiva é unha experiencia moi completa, de grande intensidade. Nos contidos destaca un posicionamento marcadamente feminista e unha visión crítica de diversos ámbitos do social. Unha reflexión profunda e poética acerca da vida e das formas de actuar do ser humano. https://limites.net/cintaadhesiva.htm https://cintaadhesiva.bandcamp.com/ --- #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Teatro Principal | Santiago de Compostela | 25 de outubro de 2025 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal --- Colaboracións: @politicalinguistica | @concellodesantiagodecompos2772 | @DeleiteGalegoLeiteNoso | @fundaciongaliciasustentable