У нас вы можете посмотреть бесплатно Cartografía или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
9ª Chanfaina Lab (7). Estrea: venres 28 de marzo do 2025 Guión e dirección: Eva Lareo e Álvaro Trigo Dirección de arte e fotografía: Eva Lareo Montaxe e son: Álvaro Trigo Duración: 5' 50'' Sinopse: "Cartografía" é un percorrido polos arredores do Castelo de Naraío coa fin de rexistrar e catalogar cada lugar e a súa atmosfera especial mentres se avanza de punto en punto fixando sitios clave da zona." Gravado no Castelo de Naraío, Fontao, Fontela e Vilarbó, dentro do programa da 9ª Chanfainalab Álvaro Trigo, (Vigo, 2001), estudou realización audiovisual e actualmente cursa Belas Artes na Universidade de Vigo. A súa curta 'Exilio' foi incluída na sección Paraíso do festival S8 no 2024 e con 'O peixe' foi premiado no XX Premio de creación audiovisual Universidade de Vigo. O seu traballo bebe da súa formación plástica e audiovisual explorando a capacidade experimental da animación. Eva Lareo (Vigo 2003), estuda na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Dende cativa tomou afección pola pintura e o cinema, as súas artes favoritas. Xa participou en varias exposicións de pintura e xunto cos varios amigos e amigas desenvolve traballos na produtora Kasa Vella. A súa peza “Boa Viagem” foi seleccionada no S8, Festival de cinema periférico en Coruña na edición de 2024. Eva Lareo e Álvaro Trigo, novísimos artistas vigueses achegáronse a Chanfainalab cunha idea moi xeral e racionalista do que ían gravar: "Chegamos cunha vaga idea do que queríamos facer pero transformouse totalmente coa observación da paisaxe. A idea inicial consistía en percorrer todo San Sadurniño gravándonos o un ao outro dende os puntos máis altos da zona. Ao final resultou nunha especie de viaxe entre estes puntos significativos pero despersonalizada totalmente. Unha especie de ente incorpóreo cataloga e cartografía toda a zona e toma mostras dos seus recursos. A rodaxe consistiu na unión de diferentes puntos altos do territorio que rodea o Castelo de Naraío despois dun previo estudo da zona e dos puntos que podíamos enlazar. Como idea final tómanse materiais do chan e o ambiente de varios fitos xeográficos que se integran na peza agregando información ás imaxes." "Cartografía" é unha vídeocartografía sobre a contorna de Naraío a partir da observación directa e un método concreto de mapeo a través da cámara: ""Aínda sendo completamente diferente do que pretendíamos nun principio, o proceso de evolución da peza foi enriquecedor e sobre todo vimos dalgunha forma un tipo de experimentación distinta que nos insta a perdernos e volvernos encontrar". O interesante da Chanfainalab é a posibilidade de "observar" o noso territorio dende a perspectiva doutros ollos foráneos. Nesta ocasión, os novísimos artistas vigueses xeneran un mapa visual a través de xogos de achegamentos e distanciamentos dos fitos paisaxísticos e as propias texturas da natureza. Eva e Álvaro van saltando de punto a punto da parroquia, sempre ao carón do Castelo de Naraío, aproveitando recursos estilísticos, aberracións cromáticas e mesmo o ruído da pequena cámara de vídeo coa que compuxeron a súa videopintura cartográfica. Que vos preste a sua proposta. 📧chanfainalab@gmail.com https://www.falamedesansadurnino.org/ / chanfainalab / chanfainalab https://bsky.app/profile/chanfainalab... https://www.sansadurnino.gal / concellosansa https://x.com/concellosansa / concellosansa