У нас вы можете посмотреть бесплатно Alalá nº 192 "Flor da Maquía" - TVG или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Alalá nº 192 "Flor da Maquía" - TVG Emisión en Televisión de Galicia: 18/02/2012 Lugar: Ordes http://alala.crtvg.es Florentino Ruibal, coñecido en toda a comarca de Ordes como Flor da Maquía, di que o día máis feliz da súa vida foi aquel no que seus pais lle mercaron a primeira gaita. E hoxe, con 83 anos, segue tocándoa coa mesma ilusión de entón e con toda a mestría de quen andivo poñendo a música a tódalas festas da contorna desde os catorce anos. Tanta é a súa afección que aínda despois de sufrir problemas de corazón e de que os médicos lle recomendasen que deixase a gaita porque non debía esforzarse en enche-lo fol, argallou o xeito de seguir coa música facendo un invento caseiro cun inflador de colchonetas para dar aire co pé e non ter que soplar. Florentino foi canteiro ademais de gaiteiro e coñéceo todo o mundo. A súa vida hoxe é moi tranquila. Xoga a partida tódolos días coa súa Beatriz, ensaia coa gaita e camiña cinco quilómetros pola mañá e outros cinco despois da siesta. Durante os seus paseos fala con tódolos veciños e todos o queren ben. E segue sendo tan conquistador como cando era un mozo. Porque se algo lle gusta no mundo ademais da gaita son as mulleres. Menos mal que Beatriz non é celosa, porque hai que ver as aventuras que conta!.