У нас вы можете посмотреть бесплатно O territorio. Os comúns ambientais, culturais e sociais do espazo litoral: novas ameazas. 17-03-26 или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural O territorio. Os comúns ambientais, culturais e sociais do espazo litoral: novas ameazas 17 e 18 de marzo de 2026, Santiago de Compostela O cuarto encontro temático transversal programado para o bienio 2025-2026, centrado no ámbito do territorio, está dedicado a analizar a situación do noso litoral. O territorio litoral de Galicia é comunmente destacado pola súa extensión, polas características xeomorfolóxicas das costas —de grandes diferenzas entre a parte cantábrica e a atlántica, que conta coa singularidade das súas rías—, pola riqueza dos seus ecosistemas mariños e costeiros e polas súas paisaxes. Tamén destaca a cultura marítima de Galicia, as actividades, os oficios e modos de vida relacionados co mar e o extenso e amplo patrimonio material e inmaterial que se xerou e transmitiu. Este recoñecemento non impediu, nin no pasado nin no presente, a presión sobre este territorio dos procesos de urbanización, das implantacións industriais, das infraestruturas ou do turismo. Hoxe, en pleno proceso de cambio climático e baixo a preocupación que espertan os seus efectos sobre un dos medios naturais máis transformados do planeta pola actividade antrópica, moitas voces reclaman dedicar maiores esforzos á recuperación medioambiental do litoral e a recoñecer e valorizar a estrutura patrimonial do territorio, fuxindo da idea das paisaxes exclusivamente como representación e da dun patrimonio cultural reducido a recurso económico. Fuxindo de levar os procesos de homoxeneización tamén aos espazos litorais. Unha visión do litoral apenas como espazo en que se concentran novas oportunidades, sexan estas para o turismo, a urbanización, a industria ou a produción enerxética, que as sitúe por riba dos valores ambientais, sociais e culturais dese territorio atendendo a criterios económicos, sen que exista un diálogo entre ambas as perspectivas, esquece a urxencia da recuperación do litoral e sitúase lonxe dunha visión ecosistémica integrada dese territorio.