У нас вы можете посмотреть бесплатно XXVII Gala do Memorial Ibán Toxeiro "A rapazada toma o teatro" или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda celebrou a Gala do XXVII Memorial Ibán Toxeiro, a nosa festa anual das artes escénicas galegas afeccionadas e profesionais. O martes 26 de novembro, ás 19 h, o teatro Rosalía de Castro foi o escenario da XXVII Gala do Memorial Ibán Toxeiro, o evento que celebra o talento afeccionado e profesional. Este ano, a gala tivo como título A Rapazada toma o Teatro, en homenaxe ás creacións dirixidas á infancia. O Premio de Honra Lino Braxe foi entregado a Caramuxo Teatro pola súa contribución ao teatro infantil. Precisamente, unha obra de Lino Braxe (anterior director do memorial Ibán Toxeiro e da compañía Alexandre Bóveda Teatro) foi representada por Alexandre Bóveda Teatro: A fraga en perigo. Foi a primeira vez que esta obra se levou a escena. O grupo comezou a traballar nesta peza en febreiro de 2020, mais os ensaios tiveron que ser interrompidos pola crise sanitaria da COVID-19. No 2024, con grande entusiasmo, retomamos esta produción para ofrecer unha obra que encantará aos nenos e nenas e levará unha importante mensaxe sobre a protección do medio ambiente. A velada contou coa participación de Alexandre Bóveda Teatro e Teatro Airiños e foi presentada por Sabela Hermida.