У нас вы можете посмотреть бесплатно Coop или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
9ª Chanfaina Lab (9). Estrea: venres 4 de abril do 2025 Duración: 6' 02" Dirección, guión e montaxe: Isabel Rey Reparto: José Ladra López, Javier Carballo, Andrés García Hermida, Suso Pena Fernández Sinopse: "Nunha época na que as grandes multinacionais e os grandes bancos dominan o mundo, existe un pequeno territorio en Galicia que se resiste a este sistema." Gravado nas parroquias de San Sadurniño e Naraío dentro do programa da 9ª Chanfainalab Isabel Rey (Santiago, 1973) é pintora e restauradora. Dende o 2007 é, ademais, a produtora e alma mater de "Artefacto producións" xunto con Fernando Cortizo, empresa na que leva pilotado numerosos proxectos ate hoxe, nomeadamente no ámbito da animación, publicidade e documental. Con “O Apóstolo” conseguiu producir a primeira longametraxe de animación stop-motion estereoscópica rodada en Europa, sendo nomeada aos Goya, a preselección aos Óscar e xa na casa, seis premios Mestre Mateo, incluídos mellor director e mellor película. Tamén e unha persoa activista e comprometida co cinema como medio de transformación social, como acredita a longametraxe documental sobre a sanidade publica "DEP Destruír é o Plan". A súa última produción foi a longametraxe “Buscando á Santa Compaña”, estreada en xullo de 2024 no Festival Internacional de cine fantástico de Valladolid e seleccionada en varias mostras e festivais. Actualmente atópase producindo a que será a súa segunda película de animación “Shkid” de produción mexicana e o documental "Vedem", arredor da historia dos nenos no campo de concentración de Terezin (en fase de montaxe). Os ollos avezados e socialmente comprometidos de Isabel percibiron deseguida a nula presencia de grandes marcas, tendas de alimentación ou entidades bancarias tradicionais en San Sadurniño : "Desde que cheguei á San Sadurniño asombroume ver que no camiño non había supermercados das grandes marcas e fascinoume a Historia das cooperativas da zona, como exemplo de banca solidaria e sostible en contraposición coa depredación do grandes entidades bancarias que dominan o planeta. Penso que son un gran exemplo a seguir e sentín dispor de pouco tempo para desenvolvelo. De feito teño en proxecto realizar unha longametraxe documental que faga xustiza á súa historia e ao estupendo traballo que están a facer". "Coop" é un magnífico exemplo do poder de axitación e comunicación do cinema ao servizo da difusión de ideas a prol dunha sociedade máis igualitaria e sostible: "considero esta peza como un aperitivo sobre este tema porque penso convertela nunha longametraxe. Coido que a nivel técnico o meu traballo é mellorable, pero agardo que o contido e a mensaxe sexan suficientemente potentes para que a xente a goce e lle mereza a pena vela para coñercer mellor o funcionamento das cooperativas". Dende a Chanfainalab apreciamos o punto de vista que nos aporta esta artista compostelá por iluminar o quefacer da Cooperativa de Naraío e o supermercado de San Sadurniño, hoxe parte da cooperativa de Meirás, como unha singular experiencia que tenta poñer en valor os recursos do territorio, o seu labor social e a axuda mutua á veciñanza de consumidores e usuarios da súa banca, en definitiva como afirma o slogan do seu cartel: "Un mundo paralelo". 📧chanfainalab@gmail.com https://www.falamedesansadurnino.org/ / chanfainalab / chanfainalab https://bsky.app/profile/chanfainalab... https://www.sansadurnino.gal / concellosansa https://x.com/concellosansa / concellosansa