У нас вы можете посмотреть бесплатно DIÁLOGOS VAC-AN 13 - Homenaxe VAC-AN a Maruja Mallo desde Lugo или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Desde a sede da Fundación VAC-AN, Legado de José Vázquez Cereijo-Anne Nikitik en Lugo, DIÁLOGOS VAC-AN ofrece: Homenaxe a Maruja Mallo desde Lugo Maruja Mallo é alguén que está moi presente nas instalacións da Fundación VAC-AN a través dos seus escritos, da súa propia obra e mesmo ata de obxectos de carácter persoal. Polas referencias do seu pai (antigo alumno de La Residencia de Estudiantes en Madrid),Vázquez Cereijo xa sabía da existencia de Maruja. Coñécense na desaparecida galería Ponce de Madrid a mediados dos anos 70, enseguida conxenian e comeza unha cercana amizade entre os dous, unha relación na que Vázquez Cereijo sempre se mostrou moi colaborador para que Maruja Mallo se reintegrase no circuito cultural ao seu regreso a España. Van xuntos ao cine, ao teatro e exposicións, un contacto acotío que dá lugar a unha colaboración de tipo artístico traballando na que sería a carpeta de Homenaje a la Revista de Occidente con litografías que están baseadas nas viñetas que fixera Maruja nos anos 20-30 para a propia publicación. Polo tanto, non é de estrañar que A Fundación VAC-AN, coincidindo coa exposición no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía en Madrid, dedicase esta entrega de DIÁLOGOS como homenaxe á figura de Maruja Mallo, unha tertulia na que contamos coa colaboración de tres persoas moi ligadas coa investigación, estudo e conservación do mundo da artista. Interveñen: Carlos Nuevo Cal (mestre, historiador, cronista oficial de Viveiro e Presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro) Carlos Moreno Lugrís (médico) Juan Soto (xornalista, escritor, cronista oficial da Provincia de Lugo) Conduce: Melina López Colaboración técnica: Ezequiel Orol Síguenos e comparte entre os teus contactos DIÁLOGOS VAC-AN, unha charla amable, serena e construtiva ao servizo da cidadanía nas rrss e como non...o amiguiño Groucho non quere perder esta ocasión para acompañarnos! Moitas grazas. Un saúdo e Feliz Ano #marujamallo #josevázquezcereijo #fundación #fundacionVAC-AN #podcast #videopodcast #arte #artegrafica #lugo #viveiro #galicia #revistadeoccidente #museos #exposición #centrobotín #mncars #lassinsombrero #generacion27 #laresidenciadeestudiantes #tertulia #tertulias #diálogos #dialogos #comunicación #conversacion #conversaciones #grouchomarx