У нас вы можете посмотреть бесплатно Capítulo 25: Queridas veciñas или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Emitido na TVg o 23/8/15. A chegada de dúas novas veciñas ao edificio será o detonante dunha nova lea que traerá de cabeza tanto a Luci coma a Hadri. Un día, chegando á casa, nai e fillo coinciden no ascensor con dúas novas veciñas, Josefa e Mila. Ambas as dúas son irmás, xa maiores, viven xuntas e non paran de discutir. Para coñecerse mellor, os catro van tomar café e Josefa, a irmá maior, e Hadri quedan sos na mesa e esta dille que Mila quere matala. O argumento soa tan convincente que Hadri cre todo o que a señora lle dixo. Esa mesma noite, as irmás discuten tan forte que espertan a Hadri e Luci e o rapaz está convencido de que Mila matou a Josefa; a súa sospeita queda confirmada cando ao día seguinte non queda nin rastro da muller. Hadri está tan seguro de que Mila matou a súa irmá, que todo o que fai a súa veciña lle parece sospeitoso. Alentado por Sole, Hadri decide ir máis aló na súa pescuda pero Luci, desesperada, só quere que deixe esas parvadas dunha vez. Pero unha tarde, ás agachadas da súa nai, Hadri faille unha visita a Mila e ponse a asexar pola casa en busca de probas. Luci irá detrás del, asustada polo risco que corre o seu fillo. Cando ambos os dous confirman que a súa nova veciña é unha asasina, levan unha sorpresa: Josefa entra pola porta nese mesmo momento e Mila, no canto de enfadarse porque estaban asexando e acusándoa de que fose unha asasina, tómao a ben, como unha mostra de agarimo e preocupación por parte dos seus veciños.