У нас вы можете посмотреть бесплатно AS MEMORIAS DO MAR DE BURELA или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
As Memorias do Mar de Burela Duración: 37’ Formato: 16:9 Idioma: Galego Subtítulos: non DL: LU 101-2014 A Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo crea a campaña divulgativa MAR DE LUGO co obxectivo de divulgar a actividade dos nosos pescadores e mariscadores para dar a coñecer o sector pesqueiro de Lugo, as súas tradicións, os métodos de traballo e as artes de pesca máis empregadas, así como os peixes máis característicos da zona. O proxecto audiovisual as MEMORIAS do MAR de LUGO consiste na realización de seis documentais en formato DVD sobre os recordos e as vivenzas das xentes do mar de cada unha das seis confrarías de pescadores da provincia: Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Ciprián e O Vicedo. Cada documental fai un percorrido pola historia e a evolución de cada un dos nosos portos, destacando aqueles aspectos máis característicos: as fábricas de salazón e conservas, as carpinterías de ribeira, o tráfico de mercadorías e cabotaxe, a evolución das infraestruturas portuarias e das embarcacións pesqueiras, os naufraxios e outras anécdotas da vida das xentes do mar. Esta actuación encádrase dentro da campaña promocional MAR de LUGO da Federación Provincial de Confrarías co doble obxectivo de: divulgar a laboura diaria das confrarías de pescadores, entidades clave na organización e estrutura das comunidades mariñeiras exaltar a excelente calidade dos produtos do noso mar, sanos e nutritivos, variados e cunha óptima relación calidade-prezo, ademáis dunha frescura diaria tanto na pesca costeira artesanal como do marisqueo. Damos as grazas ás persoas e entidades que participaron e colaboraron na realización deste proxecto audiovisual. -- Edita: Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo Produción: Arracada Produccións Guión: Vicente R. Rivera Imaxes: Julio López García, Marián García Mesa, David Monteagudo Lanza Montaxe: Marián García Mesa, Julio López García Post-produción: David Monteagudo Lanza Deseño Gráfico: Logaidea Comunicación Agradecementos: Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal (GAC1). Confrarías de Pescadores de Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Ciprián e O Vicedo. Dámo-las grazas ás persoas e entidades que participaron e colaboraron na realización deste proxecto audiovisual.