У нас вы можете посмотреть бесплатно Foro Grial. “Galicia 2050. Pensar cara adiante. Sociedade, economía e territorio” или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
O xoves 3 de abril, celebrarase, a partir das 16:00 h, na sede do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, unha nova edición dos Foros Grial, baixo o título "Galicia 2050. Pensar cara adiante. Sociedade, economía e territorio". No marco da celebración do 75 aniversario de Editorial Galaxia, a revista Grial promove os Foros Grial. Galicia 2050, un ciclo de catro encontros que comezaron no mes de novembro de 2024 e que se celebrarán ata outubro de 2025, cun obxectivo claro: pensar o futuro de Galicia, propoñendo reflexións e ideas en ámbitos clave da nosa sociedade e cultura. Esta xornada, que propón un debate colectivo arredor dos desafíos que enfrontará o país nas vindeiras décadas, está coordinada por Ramón Villares e Xoaquín Fernández Leiceaga, e abrirase cun acto de presentación no que intervirá Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia, Henrique Monteagudo, director da revista Grial, e Ramón Villares, en calidade de coordinador. O programa desenvolverase a través de catro relatorios principais: • 16:15 h. Ramón Villares. Afondará en como pensar historicamente o futuro de Galicia, tomando como referencia estudos realizados nas décadas pasadas e interrogándose sobre o papel da nosa sociedade nos próximos 25 anos. • 17:00 h. Antía Pérez Caramés. Ofrecerá unha análise prospectiva da demografía galega, examinando os cambios máis recentes e os retos futuros en termos de estrutura de idade, avellentamento e fluxos migratorios. • 18:00 h. Xoaquín Fernández Leiceaga e Edelmiro López Iglesias. Exporán unha visión conxunta sobre "as perspectivas económicas dos nosos netos", como reza o título do seu bloque, avaliando os escenarios de crecemento, ocupación, produtividade e cohesión territorial. • 18:45 h. Luciano G. Alfaya. Preguntarase que facer co territorio, cunha reflexión sobre os modelos de ordenación e as ferramentas urbanísticas necesarias para afrontar o futuro con garantías.