У нас вы можете посмотреть бесплатно Entrega de premios. VI Concurso de rondallas 2015, no recinto ferial IFEVI - Vigo или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
A rondalla porriñesa de Pontellas gaña o primeiro premio do VI Concurso Provincial de Rondallas, organizado pola Deputación de Pontevedra, ante as máis de 10.000 persoas que abarrotaron o Instituto Feiral de Vigo. Este grupo recibiu un premio de 2.100 euros, que foi entregado polo presidente da Deputación, Rafael Louzán; o vicepresidente José Manuel Figueroa e a deputada provincial Marta Iglesias, que acudiron acompañados da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e doutros alcaldes da comarca como Nelson Santos, do Porriño, ou Fernando Guitián, de Gondomar. O segundo premio conseguiuno nesta ocasión a rondalla de Santa Eulalia de Mos, cunha dotación económica de 1.800 euros. En terceira posición quedou a rondalla Helios de Bembrive, vencedora da última edición e que nesta ocasión recibiu un premio de 1.500 euros. A rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar) gañou o primeiro premio de abandeirados, dotado cun recoñecemento de 400 euros. En segunda posición quedou a tonadilla de Valadares e o terceiro posto foi para Santa Eulalia de Atios (O Porriño). O resto de rondallas recibiu un premio de 1.300 euros cada unha en recoñecemento da súa participación. info: http://www.depo.es/web/edepo/-/notici...