У нас вы можете посмотреть бесплатно Músicas inéditas en Casas literarias II: "O camiño do monte" de Uxío Novoneyra e Tino Prados или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Músicas inéditas en casas literarias é un proxecto de investigación, interpretación e divulgación do patrimonio musical galego para guitarra, inédito ou pouco coñecido. Unha produción de Poliédrica® e Samuel Diz, ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia. Esta gravación foi realizada na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei (Lugo), cunha copia facsimilar da guitarra orixinal de Federico García Lorca (José Ortega, ca.1906) conservada na Casa-Museo Huerta de San Vicente (Granada) e a colaboración da cantante galega Faia Díaz. No ano 1959 o guitarrista e compositor lucense Tino Prados (1924-1981) escribiu esta partitura a partir do poema "O camiño do monte" de Uxío Novoneyra (1930-1999) publicado en "Os eidos" (Galaxia, 1955). Tras a estrea da composición en 1961 polo tenor "Angelillo" e a orquestra de pulso e púa do Círculo das Artes de Lugo, a partitura permaneceu inédita ata este momento no arquivo familiar de Tino Prados. Composición: Uxío Novoneyra e Tino Prados Interpretación musical: Faia Díaz e Samuel Diz Investigación e arranxo musical: Samuel Diz Revisión lingüística: Yolanda Castaño Vídeo: Beatriz Fontán Son: Isaac Palacín Agradecementos á Fundación Manuel María de Estudos Galegos e ao persoal da Casa-Museo Manuel María, á Fundación Uxío Novoneyra, así como á familia e aos discípulos de Tino Prados. © Poliédrica, Galicia 2021