У нас вы можете посмотреть бесплатно NO BICO UN CANTAR "O Carro" или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
No bico un cantar nº 12 - O CARRO Data de emisión en TVG: 26 de marzo de 2013 Neste capítulo de No bico un cantar poderemos escoitar de novo un son que hai moitos anos que non soa nas nosas aldeas: o canto do carro. E descubriremos o cariño e a nostalxia que provoca naqueles que coñeceron a vida labrega en plenitude, os tempos nos que as aldeas estaban cheas de xente. Ese amor á terra é unha das razóns que explica o éxito de “O carro”, unha canción que desde o mesmo momento da súa aparición foi recibida como un himno popular. Un símbolo da Galicia labrega e un berro de protesta contra o despoboamento que a asola. A orixe da canción hai que buscala na Terra Cha. Alí naceron o autor da letra, o poeta Manuel María; e quen lle puxo música, Baldomero Iglesias, máis coñecido como Mero, que daquela formaba parte do grupo Fuxan os ventos, cos que gravou “O carro” en 1977. O propio Mero contará como naceu a canción e varios expertos tentarán atopar as razóns polas que nos gusta tanto. Veremos os carros pasar de novo polas congostras e escoitaremos as marabillosas versións que desta peza fixeron Fuxan os ventos e A Quenlla, Uxía Senlle co guitarrista Sérgio Tannus, Treixadura, Abe Rábade, o Cuarteto Egeria, a Asociación Coral “A Oliveira” do Monte Branco, Luís O Caruncho e Xavier Blanco.