У нас вы можете посмотреть бесплатно Mass of the Children - John Rutter, arr. Paul Noble (Misa dos nenos) или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Esta peza foi escrita en resposta a un convite para compoñer unha nova obra para un concerto durante a convención nacional da American Choral Directors' Association (Asociación Americana de Directores de Corais) en New York en febreiro de 2003. As obras corais a maior escala de Rutter son relativamente poucas, o Gloria, o Requiem e o Magnificat son as máis interpretadas, pero cada unha ten un carácter. "Mass of the Children" representa algo novo na obra do compositor no sentido de que foi concebida cun papel integral para un coro de nenos xunto cun coro mixto de adultos, dous solistas e orquestra. O papel do coro de nenos é engadir unha dimensión máis á tradicional misa en latín cantada polo coro de adultos, ás veces comentando, ás veces amplificando o significado e o estado de ánimo. O propio texto da misa (unha Missa Brevis, é dicir, unha misa sen credo) é cantado principalmente polo coro de adultos ou polos solistas. Os nenos cantan ás veces o latín, por exemplo no Christe eleison, na apertura do Gloria e no Benedictus, pero noutros lugares eles e os dous solistas cantan textos en inglés especialmente escollidos que dalgún xeito reflicten ou iluminan o latín. A obra comeza con dous versos do himno matinal do bispo Thomas Ken para os Scholars of Winchester College, e remata cos nenos cantando o seu himno vespertino coa melodía intemporal de Tallis, mentres os adultos entonan a tradicional Dona nobis pacem, unha oración pola paz. Isto crea un marco (dende que un se esperta ata que un se adormece) no que outros textos e estados de ánimo aparecen en sucesión caleidoscópica, como acontecementos nun día ou fitos nunha vida. As letras (orixinais e traducións) pódense atopar en https://bandas.gal/evento/dende-a-voz... Participan: Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela Integrantes da Banda Sinfónica Galega Escolanía da Catedral de Santiago Coro Cardenal Quiroga Colaboran: Marina Penas (soprano) Gabriel Alonso (barítono) José Luis Vázquez (director dos coros) Dirixe: David Fiuza 00:00 Kyrie 06:52 Gloria 14:09 Sanctus and Benedictus 21:00 Agnus Dei 26:45 Dona nobis pacem (Finale) [SOCIAL] Web: https://www.bandas.gal Instagram: / fgbmp Facebook: / fgbmp Twitter: / fgbmp