У нас вы можете посмотреть бесплатно Volk Gz e Dee Cee - VIVIR E MORRER NA GALIZA (EP) [Videoálbum] или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
"Vivir e morrer na Galiza" é un traballo musical de hip hop de curta duración integramente en galego elaborado polos lucenses Dee Cee e Volk Gz. Tras publicar xuntos o EP “27003 Blues” • Volk Gz & Darius C - 27003 BLUES (EP Compl... en 2022, este novo EP está composto por 11 tracks nos que se expón a visión da contracultura na Galiza coas líricas reais e profundas de Dee Cee e cos ritmos de Volk Gz que abarcan o drumless e o boombap con influencias do Jazz e do Blues que procuran dignificar o rap feito en Lugo e dotar de seriedade e compromiso ao rap feito en galego. Un traballo cheo de carga social e cultural e de referencias de diversos ámbitos que van desde a filosofía e a literatura ata o fútbol e a música, tanto a nivel local como nacional e internacional. Isto compróbase ao longo das 11 cancións a través de mencións e o uso de versos de Lois Pereiro e de samples dos anos 60, 70, 80 e 90 de artistas como West Montgomery, Mielo Hirota, B.B. King, Hareton Salvanini, Supersax, Frank Ricotti, Gerhard Trede, Wee, Georges Rodi e Grand Tour. Dispoñible en Youtube e Bandcamp. Edición física (100 unidades). Últimas copias en Muralla Discos (Rúa do Progreso, 42). 🎵 TRACKLIST 🎧 00:00 1. Isto é Lugo (Intro) 01:34 2. Supraconciencia 02:59 3. G's de aldea 05:53 4. Parker's mood (skit) 06:23 5. Sugarman 08:56 6. Miro Casabella (Skit) 10:02 7. A onde imos 13:00 8. Castelao (Skit) 13:47 9. To live & die in GZ 17:04 10. Xerando 19:40 11. Lois Pereiro (Outro) Letras e voces: Dee Cee (+ Volk Gz no track 07) Beats: Volk Gz Gravación, mix e master: R Silas (ThaCheezeMakers Estudio) Artwork: Blue Indigo (1) “ISTO É LUGO” é a introdución na cal se homenaxea a varias figuras do hip hop galego como o pioneiro do rap galaico Charly J, a GranPurismo, a El Puto Coke, a PanikoEnLasCalles, a KingSmoke e a Ouro a través dun sample de Hard Bop. (2) "SUPRACONCIENCIA" é un drumless que eleva a conciencia humana baixo a teoría do 5% narrada por un creador de cultura. (3) "G'S DE ALDEA" é un boombap que evoluciona o feito en "27003 Blues" ao máximo esplendor fusionando La Haine con A Esmorga. (4) "PARKER'S MOOD" é un skit de Blues e Jazz sampleando un track de 1973 do grupo Supersax. (5) "SUGARMAN" é un storytelling nun ritmo drumless con toques de jazz que vai sobre un perfil social e de status relacionado co narcotráfico. (6) “MIRO CASABELLA” é un skit no que se extrae un anaco dunha “canció” de 1968 do artista lucense sobre a terra galega. (7) "A ONDE IMOS" é un boombap de tintes de Jazz Blues cociñado no rocho para ofrecer unha reflexión sobre o panorama actual e pasado. (8) “CASTELAO” é un skit no que se sintoniza o tema de Maria do Ceo sobre unha figura imprecindible para o pobo galego. (9) "TO LIVE & DIE IN GZ" é un drumless de Soul no que se adapta "To live and die in LA" de 2pac desde a exclusión social para o mundo. (10) "XERANDO" é un boombap cunha lírica introspectiva sobre a forma de ser baixo a premisa de aprender e ensinar como lema do Hip Hop. (11) "LOIS PEREIRO" é un outro homenaxe final onde se rescata a súa voz nun sample de Soul e Funk para venerar a súa obra e a súa influencia. ℹ️ Redes: @lucascondegz @dee.cee003 @tintarebelderap @y.l_aka_r.silas @thacheezemakers_estudio Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/albu... Nota de prensa: https://drive.google.com/file/d/1yQ2Z... E COMO PARA COMER, PARA RAPEAR, LUGO. 2024 ©️