У нас вы можете посмотреть бесплатно ✨Os agoiros no Reino de Galiza: O culto ás avelaíñas e aos corvos📜 или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
✨ Capítulo 8: Os agoiros no Reino de Galiza: O culto ás avelaíñas e aos corvos📜 Lista de reprodución completa: • Martiño de Dumio: A espiritualidade popula... Presentamos o derradeiro vídeo que nos levará a estudar e analizar as crenzas e ritos documentadas por Martiño de Dumio no Correctione Rusticorum. 8 vídeos que serán complementados por unha conversa de 60 minutos, infografías, artigos e conferencias. Tamén publicaremos un vídeo a maiores co crego de Santo André de Teixido. Neste vídeo visitamos a aldea da Silva en Portosín para falar sobre o culto ás avelaíñas e aos corvos. Alí, aínda na actualidade observan de onde voan e como grallan os corvos e tamén segue presente a crenza das avelaíñas coma os representantes dos finados. Este rito xa era condeado por Martiño de Dumio no século VI, indicando "aquel estúpido erro de gardar os días das avelaíñas e dos ratos, e se é lícito falar de que un home cristián venere en lugar de Deus a ratos e avelaíñas; e estades atentos a outras sinais do demo por medio destas aves" -------------------------------------------------------------- Martiño de Dumio foi un relixioso cristián do século VI que, aínda sen ter nacido na Gallaecia, foi unha figura fundamental que determinou non só os destinos do Reino naquela altura senón para os séculos posteriores. As decisións e análises de Martiño de Dumio influíron de tal xeito que chegaron até os nosos días. 🕊️ O bispo chegou ao Reino Suevo da Galiza cara o ano 550 e tivo un papel fundamental na monarquía sueva, tanto a nivel cultural como relixioso e político.🐉✨ Non por outra foi o responsábel do paso do arianismo ao catolicismo, relixión que marcaría definitivamente a evolución do territorio galego até os nosos tempos, e quizais isto foi o que o motivou a vir á fin do mundo. 📜 O sermón elaborado polo bispo San Martiño de Dumio no s. VI, coñecido como De Correctione Rusticorum (Da corrección dos rústicos), supón unha fascinante aproximación á mentalidade relixiosa dos habitantes do Reino de Galiza na época. O bispo deixa constancia do que el considera prácticas idolátricas, sendo estas, para os historiadores das mentalidades e antropólogas, unha fonte única para analizar ritos e crenzas da época alleas ao cristianismo —sobrevivindo moitas delas até os nosos días en forma de seres míticos, crenzas, ritos ou tradicións. 🌿 Este contido vaille ser coñecido a moita xente, xa sexa porque seguen a realizar estes ritos, crenzas e tradicións ou porque chegou até elas pola familia. É fascinante pensar que tradicións e crenzas do século VI seguen vixentes no ano 2025 e fan parte das nosas vidas, se ben é certo nunha especie de sincretismo. 🎬 Produción: Orgullo Galego 👩🏫 Condución audiovisual: Lidia Mariño 🎥 Gravación e montaxe: David Miranda ✍️ Subtitulado: Jose Rodríguez 📅 Rematados de publicar os oito vídeos, o xoves 20 de novembro publicaremos unha conversa (desde o Mosteiro de Caaveiro) cunha análise profunda sobre Martiño de Dumio e as crenzas recollidas no De Correctione Rusticorum Este proxecto foi seleccionado polos Fondos Reino de Galicia da Área de Cultura da Deputación da Coruña. Non deixedes de seguir as súas redes sociais @culturadeputaciondacoruna5637 ou @daccultura nas redes sociais Agradecementos á Área de Cultura da Deputación da Coruña e a María do Carme pola súa participación no vídeo! 🔔 Subscríbete a Orgullo Galego para non perder o resto dos capítulos deste proxecto sobre a espiritualidade popular no Reino da Galiza 🔽 #ReinodeGaliza #MartiñodeDumio #ReinodeGalicia #AculturaÉUnDereito #FondosReinodeGalicia #Galego #Galiza #Mitoloxia #Galicia #ReinoMedieval #Cantigas #Espiritualidade #CorrectioneRusticorum #Crenzas #Lendas #OrgulloGalego #HistoriaDeGalicia #Youtubeiras #Portosin #USC #Igrexa #ASilva #PortodoSon