У нас вы можете посмотреть бесплатно A Virxe dos Praceres или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
A lenda da Virxe dos Praceres fai referencia a como naceu o culto da patroa da parroquia e como se construíu o seu templo nese lugar. Según contan, fai uns séculos foi atopada a imaxe da Virxe no Río da Comboa, perto da Pedra Longa. Os veciños decidiron levala á igrexa parroquial, en Lourizán, para o que empregaron un carro de bois. Pero os bois, ó chegar uns metros máis adiante, ó lugar que hoxe se chama Os Praceres, non querían seguir. E por moito que lles deran coa vara, os bois non andaban. Finalmente, andaron, pero non hacia adiante, senón hacia o mar, ata O Cabo. Iso foi percibido como un sinal divino para que construíran un templo que aloxara a imaxe nese lugar. Así que se construíu a Ermida de Quitapesares. Quitapesares é un topónimo que fai referencia ós lugares de especial beleza, onde as penas se esquecen admirando a paisaxe. Ó parecer, antigamente, os mariñeiros da Moureira, cando pasaban por diante, rezaban unha Salve en dirección ó templo. Fai tempo que xa non existe. No seu lugar, atopamos a Igrexa dos Praceres, mandada construír por Montero Ríos e inaugurada en 1888, aínda que non está exactamente no mesmo lugar. Ata fai unhas décadas, a Romería dos Praceres era multitudinaría. Centos de persoas se acercaban a oír a misa e comer empanada no Arenal, a praia que había no contorno da igrexa e que hoxe está enterrada baixo as pistas deportivas, e na Xunqueira do Río da Ponte. Pero todo iso foi esmorecendo e a festa foi perdendo protagonismo. A praia e a xunqueira fai moito tempo que xa non existen e este ano por primeira vez non houbo verbena. Por certo, que nos Praceres existía o rito das nove ondas (ou sete, según a versión) relacionado coa fecundidade, similar ó da Lanzada. Pero os vellos xa non o recordan. O que si recordan é que a xente se metía na auga para sanar de enfermidades, sobre todo das da pel, pois as augas de mar dos Praceres estaban consideradas curativas. Ironías da vida: cando penso en tódalas veces que de neno me bañaba cos meus amigos nunha auga celulósica de cor marrón, con escuma branca e quente coma o caldo. Así quedei!