У нас вы можете посмотреть бесплатно Luci - Capítulo 15: "Moha" или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Emitido na TVG o 27/1/15. Nesta ocasión, a protagonista merca un moble novo para o salón e, aconsellada por Cosme, contrata a Moha (Mohammed Abizou), un chapuzas no sentido máis literal da palabra, un home de orixe marroquí que lle asegura que o vai montar por un módico prezo. Con Moha xa dentro do piso, comezan a estragarse outras cousas: a lavadora, a billa da cociña... Malia o lento que vai coa montaxe do moble, ofrécese a arranxar estes novos problemas. Luci non está moi convencida, pero acaba por aceptar. Pasan os días e a cousa non parece avanzar. Moha, un tipo do máis desconcertante, resulta dominar as matemáticas e decide axudar a Hadri na materia, mentres a lavadora segue desmontada no chan da cociña. Pero o verdadeiro problema estala cando o home empeza a tomarse demasiadas confianzas coa familia e parece que non vai marchar nunca: dorme a sesta en horario de traballo, dúchase no baño da casa... Luci, cada vez desesperada, acaba rifando con el, pero a discusión remata do xeito máis inesperado