У нас вы можете посмотреть бесплатно ODESSA или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Queres participar co teu cole no próximo videoclip de Uxía Lambona e a Banda Molona? Uxía Lambona e a Banda Molona teñen ganas de sacar o seu vindeiro videoclip da canción "Odessa", contida no seu último disco "Eiiii Carballeira!!", a intención é que aparezan imaxes curtas de diferentes grupos de nenos e nenas de distintos colexios bailando e cantando a canción. Se queres participar, é moi sinxelo: -Pode ser unha gravación con todos os nenos e nenas do colexio ou ben cos nenos e nenas do ciclo, incluso só dunha clase... (pero cantos máis...mellor!) -Gravación coa cámara fixa, en horizontal, procurando que a rapazada estea no centro da imaxe e non moi lonxe, e procurando tamén que haxa boa luz para que se vos vexa ben a todos e todas! -Bailar: neste vídeo tedes os pasos para aprender o baile. Ánimo!! -Cantar: neste vídeo tedes tamén cando cantar, "cornos de cabra", "cu de galiña"..., ánimo! -Importante: hai que gravar o vídeo escoitando a canción orixinal, que tedes en varias plataformas dixitais. NON UTILICEDES O AUDIO DESTE VÍDEO, xa que está en directo, e posiblemente non se axuste exactamente ao gravado no estudio! -Cando o teñades gravado, podedes envialo por mail a: uxialambona@gmail.com, indicando o nome do colexio e lugar. -Como colleremos só algunha parte do vídeo, non importa que haxa momentos que consideredes que non estean ben..., non pasa nada! -Tedes de prazo...dende xa ata que vos vaiades de vacacións en Semana Santa (27 de marzo). Veñaaaa, animádevos!!!