У нас вы можете посмотреть бесплатно LAB LGBT+ "O que se mova é gay" · Como construír escolas que sexan, de verdade, espazos seguros? или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Vídeo 2/4. Seguimos mirando a xornada “O que se mova é gay. Experiencias para a prevención das violencias lgbtfóbicas nas aulas", analizando o traballo feito e buscando respostas para a prevención das violencias nas aulas. Na fala con @ana_amigo_ventureira e @rociocadahia quixemos poñer o foco non só no que acontece cando emerxe unha situación de violencia, senón no que podemos facer antes: como construír centros educativos que sexan, de verdade, espazos máis seguros. A conversa levounos a desprazar a mirada da reacción á anticipación, preguntándonos: • Como crear un clima escolar inclusivo que preveña as violencias lgbtfóbicas? • Por que falar de diversidade sexual nas aulas abre portas para todo o alumnado, e non soamente para quen forma parte do colectivo LGBT+? • Que papel pode xogar a alfabetización mediática como ferramenta de prevención? Falamos de transformacións da cultura dos centros educativos, de achegar referentes, dos discursos que circulan dentro e fóra das aulas, e da necesidade de dotarnos de ferramentas para ler criticamente coas adolescencias o mundo que habitan. Neste segundo vídeo recollemos algunhas das ideas chave presentes nesta primeira mesa. @rexenerandocoop @depucoruna @udc_oficial Vídeo de @zonahadal -- Esta segunda edición do LAB LGBT+ foi posible grazas ao programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2025 da Deputación da Coruña, subvencionado nun 74,52%, cun importe de 29.127,00€. 🙌🏽Esta xornada conta tamén coa colaboración da Universidade da Coruña, que nos cedeu xenerosamente o espazo.