У нас вы можете посмотреть бесплатно Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía. Primeiro diálogo: Física или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía Primeiro diálogo: Física Martes, 22 de marzo de 2022 Santiago de Compostela Neste primeiro diálogo, centrado nas ciencias físicas, participarán Carlos Pajares Vales, profesor emérito e exreitor da USC; Elena González Ferreiro, investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), e Clara Nieto Lado, alumna de primeiro curso do grao en Física. Agromarán neste encontro temas como a evolución da física de partículas en Galicia dende a súa orixe na Facultade de Química ata o actual IGFAE na USC, o impacto da informática na investigación e tamén na nosa sociedade (primeiro correo electrónico escrito en Galicia, evolución dende os primeiros ordenadores con tarxetas perforadas ata o actual Centro de Supercomputación de Galicia…), a colaboración e investigación en centros internacionais coma o CERN, cales eran e cales son agora as perspectivas laborais dos graduados e graduadas en Física, así como a cada vez máis importante relación entre muller e ciencia. Terán cabida tamén aspectos de índole persoal, por exemplo os relativos aos momentos máis gratificantes e máis difíciles dunha carreira científica. O lugar elixido para levar a cabo este diálogo é o Museo do IES Arcebispo Xelmírez I, que alberga a colección dos gabinetes de ciencias do antigo Instituto de Santiago.