У нас вы можете посмотреть бесплатно María Fumaça en Cultura Aberta 2013 (2) или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Presentación en Lugo de María Fumaça da man de Uxía Senlle. María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida que naceu a partir dunha idea de Uxía para agasallar o seu afillado, Rui. María Fumaça é unha locomotora moi especial que percorre as nosas paisaxes, espallando boa música, ilusión e alegría ao seu paso. Nos seus vagóns o ambiente é sempre de festa porque se trata dunha viaxe entre amigas e amigos. María Fumaça é unha gran familia, unha morea de xente que canta e toca, todos xuntos para divertirse e facerlle un agasallo ao neno Rui, quen interpreta, como solista, sinfonías vocais que lembran o son máxico da linguaxe das baleas ou o canto primeiro das tribos, cando aínda non descubriran as palabras... E así, durante a viaxe, de estación en estación, van construíndo para el, e para todas e todos, un universo sonoro e afectivo. Mércores Miúdo do 17 de xullo. Cultura Aberta 2013