У нас вы можете посмотреть бесплатно O térbello, térbello - Xan de Vilar или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Programa da TVG, Alalá nº 173. Data de emisión: 2 de febreiro de 2011 • Alalá nº 173 "Xan de Vilar" - TVG Xan de Vilar de Courel. Xan naceu en 1942 en Vilar de Courel onde aprendeu a amar a música e tocar a gaita, escoitando tocar os vellos gaiteiros da serra, os ledos músicos doutrora, e os cegos que viñan por Vilar e tocaban nas feiras. De todos eles aprendeu as cancións de ronda, os romances, as toadas populares. Escoitar cantar a Xan de Vilar, ao tempo tocar, produce unha forte sensación de abraio e dozura. No seu canto, na súa voz e nos seus dedos, agóchase todo o misterio da serra, toda a súa fondura. Por moito tempo Xan foi o único habitante de Vilar e na súa casa creou un museo, con todos os segredos e a memoria da serra ao noso alcance. Un museo aberto ao souto, á milenaria capela, ao castro e ao pasar do Lor. Por desgraza o lume arrasou a aldea de Vilar en 2022 e Xan perdeu o seu fogar, o museo etnográfico con centos de pezas que explicaban a vida no Courel, así como os seus instrumentos tradicionais, que contaban por decenas, e as fotografías dunha vida enteira.