У нас вы можете посмотреть бесплатно Castelao en Lugo (Cap. 1) | A I Asemblea Nacionalista Galega или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Coincindo coa celebración do Ano Castelao neste 2025, Nós Televisión estrea a serie CASTELAO EN LUGO, unha produción de 4 vídeos, realizada pola propia Nós Televisión, un espazo de difusión da relación de Castelao coa provincia de Lugo financiado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Este primeiro capítulo está centrado na participación de Castelao na I Asemblea Nacionalista Galega, que tivo lugar os días 17 e 18 de novembro de 1918 na cidade das Murallas. A serie está presentada pola actriz lucense Carmen Méndez, que percorre os diferentes lugares da provincia que foron significativos na vida de Castelao, e conta coa participación de persoas expertas na figura, obra e política de Castelao como son Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao; Pilar García Negro, escritora e profesora universitaria; Carmen Blanco García, escritora e profesora universitaria; Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, historiador e profesor universitario; Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; e Manuel Rei Romeu, escritor e investigador. A este primeiro capítulo que se estrea xa sobre a I Asemblea Nacionalista Galega seguiranlle outros tres episodios, que abordan a partipación de Castelao na IV Asemblea Nacionalista que tivo lugar febreiro de 1922 en Monforte de Lemos, a homenaxe galega que recibiu Castelao na cidade de Lugo en 1932 con parada previa en Nadela, e a participación de Castelao en 1936 nos actos a favor do Estatuto galego, con especial parada nun mitin multitudinario que ofreceu en Chantada.