У нас вы можете посмотреть бесплатно Alalá nº 187 "Pesdelán" - TVG или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Alalá nº 187 "Pesdelán" - TVG Emisión en Televisión de Galicia: 13/07/2011 LUGAR: SANTIAGO DE COMPOSTELA http://alala.crtvg.es PESDELÁN: NA PUNTA DO PÉ Se vos gusta o baile tradicional pero non vos atrevedes a soltarvos cando soa unha peza, non vos preocupedes, o grupo PESDELÁN, ten un traballo publicado que se chama “Na punta do pé” que está pensado para todos aqueles que sempre envexaron poder dar chimpos e pasalo ben. Esta proposta musical, un libro-CD-DVD, anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo. Esta agrupación xorde no ano 2008 da unión de reputados músicos de distintas formacións musicais. Todos eles sentían a necesidade de facer algo así para que a xente ademais de escoitar poida participar. Unha proposta divertida e novidosa que pretende substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e o mais importante de todo: pasalo en grande. Ademais, ainda que moitos de vos non moverades nunca un pé, iso non é un problema, o que fan estes mozos é ir aprendendo dun xeito divertido os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos. Este tipo de concertos están dirixidos a público de tódalas idades e, por suposto, unha das cousas mais impactantes dos mesmos é ver a toda a familia xunta: os pequenos cos pais, cos avós, con coñecidos, con descoñecidos.… Tampouco hai problema se non recordades tódolos pasos porque no DVD, hai unha explicación pormenorizada dos pasos básicos para ensaialos todo o necesario ata que vos saian á perfección. Como eles dín este espectáculo ten diversas funcións: divertirse, perde-la vergoña, suar moitísimo... un concerto de Pesdelán é como unha sesión de ximnasio. Atentos porque comeza: “Na punta do pé”..... 720p