У нас вы можете посмотреть бесплатно Un "campanu" galego или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Emsión Galicia Noticias Mediodía do 1/5/18. Un pescador de Trobe, no concello de Vedra, capturou a primeirísima hora da mañá o 'campanu', o primeiro salmón da temporada en Galicia. Un exemplar de algo máis de sete quilos. E non foi o único afortunado da mañá. O couto de Ximonde, en Vedra, consolídase como couto preferente para o salmón. Case ano tras ano, o campanu cae aquí. E desta vez foi especialmente madrugador: ás sete e media da mañá, cando os pescadores acababan de ocupar os seus postos. Un exemplar de 89 centímetros de lonxitude e sete quilos 200 gramos de peso. Ás dúas horas, un colega seu, tamén principiante, collía o segundo, a poucos metros. E aínda houbo un terceiro na mesma cuadrilla. O máis grande de todos, de 8 quilos 300 gramos. Eles mesmos gravaron como o sacaban, porque non foi sinxelo. Foi un gran comezo para esta campaña que se ha prolongar ata o 31 de xullo, cun cupo de 60 exemplares. Nos treitos sen morte, a campaña esténdese ata o 30 de setembro.