У нас вы можете посмотреть бесплатно O Zoar do Vento, Fernando V. Arias, I. mov. O Zoar do Vento (Andante) или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
O Zoar do Vento para quinteto de vento-madeira, I. mov. O Zoar do Vento (Andante) Fernando Vázquez Arias, compositor Quinteto de Vento G1 Julio Cabo Messeguer, director Concerto organizado coa colaboración da Real Academia Galega de Belas Artes. Pablo Barreiro Rivas, técnico de son. O Zoar do Vento para quinteto de vento-madeira composto no ano 2017, está inspirado na dinámica do vento e a súa relación co clima. A obra divídese en tres movementos, que representan diferentes facetas deste fenómeno natural. I. O Zoar do Vento evoca o murmurio constante e suave do vento, semellante a unha brisa lixeira que percorre a paisaxe con delicadeza. II. A Ventisca fai referencia a unha chuvia moderada con algunhas ráfagas de vento, suxerindo momentos de calma interrompidos por golpes repentinos de vento. III. Ventos Furacanados: O último movemento captura a intensidade extrema dos ventos de tormenta, cunha música cargada de enerxía, rapidez e dramatismo, evocando a forza destrutiva dun furacán. A presente interpretación foi extraída do terceiro concerto do ciclo de Estreas na Academia que tivo lugar entre os días 14 de xaneiro e 3 de xuño de 2025 na Real Academia Galega de Belas Artes. O propósito destes concertos foi dar a coñecer as obras escritas polo compositor Fernando Vázquez Arias nos últimos anos, interpretadas por músicos galegos, unha constante na traxectoria artística do autor. O concerto do día 14 de xaneiro incluíu a presentación das seguintes obras: Sonata Brigantia, dedicada á cidade da Coruña, a segunda patria do autor; Tema con variacións para Ismael, ambas escritas para piano; Concerto Galaico e Almas Xemelgas, para fagote e piano. O concerto do día 11 de marzo tivo como protagonista a música escrita para quinteto de cordas e piano. Para esta ocasión incluíuse: Suite Coruñesa, que consta de cinco movementos —Os Cantóns, Obelisco, Paseo polos Xardíns, A Mariña e O Parrote—; Balada das Estrelas, para violín, violoncello e piano; e Cantos e Rituais, para quinteto de cordas e piano. O concerto do día 8 de abril foi o máis variado deste ciclo, cun repertorio que explora a riqueza da música de cámara en distintas formacións instrumentais. O programa inclúe O Zoar do Vento, obra para quinteto de ventos; a Sonata Española, para trompeta e piano; e Camiño dos Faros, que consta de cinco pezas galegas escritas para soprano, violoncello e piano. O día 3 de xuño pechou este ciclo de concertos. Inclúe o Concerto para violoncello e piano, dedicado á súa muller, Pepi Martínez Carmona, como agradecemento polo seu constante apoio e alento ao longo da súa vida artística e persoal; Costa da Caparica, tamén para violoncello e piano; Tres Caprichos Nostálxicos, para frauta soa; Soños Fugaces e Bagatela Viaxeira para piano, e a Fantasía, para clarinete e piano.