У нас вы можете посмотреть бесплатно Músicas inéditas en Casas literarias II: "Shalom Aleichem" de Gloria Rodríguez Gil (Vigo, 1972) или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Músicas inéditas en casas literarias é un proxecto de investigación, interpretación e divulgación do patrimonio musical galego para guitarra, inédito ou pouco coñecido. Unha produción de Poliédrica® e Samuel Diz, ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia. Esta gravación foi realizada na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, cunha copia facsimilar da guitarra orixinal de Federico García Lorca (José Ortega, ca.1906) conservada na Casa-Museo Huerta de San Vicente (Granada). "Shalom Aleichem" é a segunda partitura para guitarra de Gloria Rodríguez Gil, quen tomou como inspiración o "Concerto para piano en sol maior" de Maurice Ravel, a obra que acompañou a compositora durante unha grave doenza no ano 2009. "Shalom Aleichem" foi estreada polo guitarrista Ramón Carnota no XVI Ciclo de concertos da Asociación Galega de Compositores, que tivo lugar en Lugo o día 5 de xullo de 2011. En 2012 a partitura foi publicada pola editora Dos Acordes, baixo a revisión e dixitación de Margarita Escarpa. Interpretación musical: Samuel Diz Composición: Gloria Rodríguez Gil Revisión lingüística: Yolanda Castaño Vídeo: Beatriz Fontán Son: Isaac Palacín Agradecementos á Real Academia Galega e ao persoal da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. © Poliédrica, Galicia 2021