У нас вы можете посмотреть бесплатно TERRITORIO VAKNER или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Benvidos ao territorio Vákner! Estades a piques de introducirvos nun territorio mítico e descoñecido, nun mundo de lenda e misterio, nunha época de cambios e descubrimentos para a humanidade. Un bispo, Mártir de Arzendján, un monstro e as enigmáticas terras de Dumbría forman parte dun relato que vos fará percorrer estes lugares con coidado e precaución. O MONSTRO O Vákner é unha besta salvaxe, cunha presenza tan fugaz e enigmática coma perigosa e daniña, que moraba nos montes que separan a meseta do Xallas e a costa de Fisterra, que se interpoñen no camiño xacobeo que de Santiago de Compostela conduce á fin do mundo dos antigos. O PROTAGONISTA O noso peregrino, procedente de tan afastadas terras, é o bispo Mártir de Arzendján, cidade e diocese de Armenia situada na península de Anatolia –actual Turquía-, que emprendeu a súa peregrinación dende o mosterio de San Ciriaco de Norkiegh, onde residía. A HISTORIA Todo comeza o 29 de outubro do 1489, cando o bispo Mártir inicia a súa peregrinaxe por gran parte do mundo entón coñecido, que non concluirá ata 1496. O seu periplo levarao por Constantinopla, Venecia, Ancona, Roma, Constanza, Basilea, Frankfurt, Friburgo, Estrasburgo, Colonia, Espira, Aquisgrán, Besançon, Flandes, Normandía, París, Étampes, Tours Poitiers, Bayonne, Donostia, Portugalete, Santander, Santillana del Mar, San Vicente de la Barquera, Oviedo e Betanzos, dende onde alcanzou Santiago de Compostela, e tras permanecer alí 84 días, ata o cabo Fisterra. O TESTEMUÑO O breve relato da travesía ata a vila do Santo Cristo e o cabo é o seguinte: “Recibí la bendición de Santiago, me puse en camino y llegué a la extremidad del mundo, a la playa de la Santa Virgen, a un edificio que fue construido por la propia mano del apóstol San Pablo y que los francos llaman Santa María de Finisterre. Padecí muchos trabajos y fatigas en este viaje, en el cual topé con gran cantidad de bestias salvajes muy peligrosas. Encontramos el vákner, animal salvaje grande y muy dañino. ¿Cómo, me decían, habéis podido salvaros, cuando compañías de veinte personas no pueden pasar? Fui en seguida al país de Holani cuyos habitantes se alimentan también de pescado y cuya lengua yo no comprendía. Me trataron con la mayor consideración, llevándome de casa en casa y admirándose de que hubiese escapado del vákner”. De que animal aparentemente grande, solitario e temible está falando Mártir cando menciona ao vákner, singularizado como o peor dunha xeración de bestas salvaxes e perigosas que axexaban aos usuarios deste roteiro? Atrevédevos a atopalo!!! Dumbría espéravos, o Vákner axexa. CONCELLO DE DUMBRÍA https://www.dumbria.com Proxecto financiado polo Programa O Teu Xacobeo, Xacobeo2021 https://www.xunta.gal/portada https://culturaeturismo.xunta.gal/por... #TerritorioVákner #xacobeo2021 #OTeuXacobeo Material de archivo proporcionado por: Videvo.net, Kiril Dobrev www.beachfrontbroll.com https://www.videvo.net/video/spider-s... https://www.videvo.net/video/cat-eye-... https://www.videvo.net/video/moving-b...