У нас вы можете посмотреть бесплатно Apertura Ano Académico ECOBAS 2025/2026 или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
ECOBAS recibiu ao novo alumnado que se incorpora á nosa comunidade de investigación en ciencias sociais, vencellada a unha das titulacións interuniversitarias coas que colabora o noso Centro de Investigación: · Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial · Mestrado Interuniversitario en Economía · Mestrado Interuniversitario en Economía Circular De máximo interese para a xuventude e profesionais que continúan coa súa formación no eido da economía e a empresa, foi a conferencia “Oportunidades profesionais en emprendemento, innovación e economía social” da man de Carme Casado Casado, responsable de Promoción Económica e Axenda Urbana 2030 en CERSIA Empresa. Ademais, tivemos a honra de contar coa intervención de Ghasem Zaefarian, Associate Professor of Marketing e Acting Head of the Graduate School-Leeds University Business School, quen compartiu a súa perspectiva acerca do traballo de investigación baixo presión coa conferencia titulada “Researching under pressure: managing stress, teams and productivity in Academia“. No transcurso do acto tivemos tamén a oportunidade de coñecer o recén estreado programa de Mestrado Interuniversitario en Economía Circular da man da súa coordinadora xeral, a investigadora de ECOBAS e profesora da UVigo Elena Rivo.