У нас вы можете посмотреть бесплатно Ángeles Ramírez Fernández. Mulleres sen fronteiras или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Ángeles Ramírez Fernández é licenciada en Filosofía (UAM, 1987) e Doutora en Antropoloxía Social (UAM, 1997). Actualmente é profesora titular no Departamento de Antropoloxía Social e Pensamento Filosófico Español na Universidade Autónoma de Madrid. O seu traballo, con base etnográfica fundamentada en Marrocos e nas comunidades musulmás da chamada diáspora islámica, céntrase en tres liñas de investigación: as relacións entre cultura e poder, o xénero e os dereitos das mulleres en contextos musulmáns e os novos modelos sociais xerados polos imaxinarios relixiosos nas sociedades neoliberais. Impartiu docencia nas Universidades de Alicante e de Castilla-La Mancha e realizou estadías de investigación, entre outros lugares, no IREMAM (CNRS-Aix-en-Provence), na Universidade de Rabat, el IRMC (Rabat) e na Universidade de Princeton. Ten realizados traballos de campo en Marrocos: en Rabat, Salé, Tánger, Madrid e Barcelona. É coautora e co-editora de Antropología y Antropólogos en Marrocos (2000) e dos dous Atlas de la Inmigración marroquí en España (1996 y 2004), así como de Arraigados. Minorías religiosas en la Comunidad de Madrid. Dirixiu o estudo Gender and Remittances: Building Gender-Responsive Local Development, para o PNUD, que rematou en 2009. Actualmente dirixe o programa Islam e Diáspora e vén de publicar en 2011 A trampa do velo. Os debates sobre o uso del pañuelo musulmán, publicado en La Catarata. A súa docencia concéntrase no ensino de Método e de Técnicas Avanzadas de Investigación. En doutoramentos alleos á UAM ten impartido, entre outros cursos, Antropoloxía das Migracións (Instituto Ortega y Gasset, UCM), Antropoloxía do Islam; Xénero, racismo e islamofobia (CSIC) e ultimamente, Xénero, cultura e equidade, e Deseño Etnográfico, no Máster de Antropoloxía de Orientación Pública (MAOP). Actualmente é coordinadora do Grao de Antropoloxía Social e Cultural. Mulleres sen fronteiras: precariedade e feminización das migracións internacionais No último lustro, as migracións parecen ter pasado a un primeiro plano na actualidade política europea. Nun panorama que bascula entre dramas humanitarios e intervencións fortemente represivas dos Estados “receptores”, as migracións femininas son moito máis visibles. A conferencia trata de analizar o papel das mulleres nos movementos migratorios, como emigrantes e como inmigrantes. Tratarase especialmente da situación de colectivos específicos, como o das mulleres procedentes de países de maioría musulmá, agora no punto de mira das políticas racistas dos países europeos por medio da regulamentación xurídica da vestimenta.