У нас вы можете посмотреть бесплатно NVF Podcast 2x22 Manu Vilariño e Eloy Ferreira | A xeración que pode devolver ao Lalín á Terceira или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Novo episodio do NVFPodcast! Nesta ocasión, sentamos a falar con Manu Vilariño e Eloy Ferreira, dous xogadores “made in Lalín” que están a liderar unha das tempadas máis ilusionantes que se lembran na capital do Deza. O Lalín é líder da Preferente Norte a falta de dez xornadas para o final, cunha xeira impresionante de partidos sen perder e soñando cun ascenso a Terceira RFEF que se resiste desde hai anos. Manu e Eloy, máximos goleadores do equipo con 6 e 13 tantos respectivamente, representan á perfección o sentimento dun club que medra desde dentro, con xente da casa e identidade propia. Dous futbolistas criados no Lalín, que coñecen o escudo, a afección e a responsabilidade de levar ao equipo da súa vila ao máis alto. Ao longo da conversa repasamos a súa traxectoria, case sempre ligada ao club dezano, a loita directa co Negreira polo liderado e o día a día dun vestiario que mestura ambición e bo rollo. Falamos tamén do paso de Roberto Fernández polo banco e da chegada de Dani Méndez, que logrou manter o rumbo dun equipo que non deixa de competir. Un episodio cheo de anécdotas, risas, confesións e fútbol do que máis nos gusta. E si… tamén se mollan: que pasará se o Lalín ascende? Unha charla fresca e divertida que demostra que ás veces as historias máis bonitas están preto da casa. Non esquezades deixar un comentario, subscrivídevos e seguídenos en todas as redes sociais, onde damos samba diaria! @NVFGalicia Grazas aos nosos colaboradores, os amigos de OClub: unha app que é todo en un para a xestión de clubes de futbol. Mellora a comunicación, organiza adestramentos e xestiona partidos con facilidade. Controla estatísticas e o rendemento dos xogadores dende calquera lugar. ANDROID: https://play.google.com/store/apps/de... IOS: https://apps.apple.com/es/app/oclub/i... E grazas a Jim Sports por colaborar semana a semana co Xogador Grupo Jim Sports da Semana na Terceira. Grazas a Alumea por axudarnos a aforrar na nosa factura da luz semana tras semana. Unha aperta futboleira Faite membro da canle para gozar coas vantaxes de ser FURIÑO VIP: / @nvfgaliciayt