У нас вы можете посмотреть бесплатно ENTROIDO GALEGO 🎭 - El CARNAVAL Tradicional en GALICIA или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
O entroido é unha das festas máis antigas que se celebra en toda Europa. A súa orixe está nas celebracións das tarefas agrarias e a chegada da primavera, pero ten elementos de orixe romana, cristiá e medieval. En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino introitus, que significa entrada e que sinala a entrada nunha nova estación, a primavera. Tamén se chama carnaval. Para os cristiáns esta festa significa a despedida da carne antes de empezar a abstinencia da Coresma. O Entroido é unha época de festa, subversión e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben. Neste vídeo faremos unha viaxe dende os Peliqueiros de Laza ata os Boteiros e Folión de Viana do Bolo, os Volantes de Chantada, os Cigarróns de Verín, as Madamas e Galáns de Vilaboa, os Folións e Mázcaras de Manzaneda, os Xenerais do Ulla e as Pantallas de Xinzo de Limia. Exaltación del carnaval de: Laza, Viana do Bolo, Maceda, Xinzo de Limia, Verín y Xenerais da Ulla. Entroido da Ulla – Entroido dos Xenerais (Boqueixón, Touro, Teo, Santiago de Compostela, Vedra, Vila de Cruces, Silleda y A Estrada. A Coruña - Pontevedra) Entroido de Cobres (Vilaboa. Pontevedra) Entroido de Xinzo de Limia (Ourense) Entroido de Manzaneda (Ourense) Entroido de Maceda (Ourense) Entroidos de Portas de Galicia (Verín, Laza y Viana do Bolo. Ourense) --------------------------------------------------------------------------------------------------------- Este vídeo realizouse con vídeos e imaxes doutros canais de Youtube. Elaborado en colaboración cos Equipos de Dinamización Lingüística de Galicia con fin educativo.