У нас вы можете посмотреть бесплатно Lumedoloop - Involución или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Dirección: Bastian Rodríguez Cam: David Suárez Produción: Lumedoloop · Seispés Producións Creativas · elmembrillo Agradecementos: Cultura Urbana Shop Letra e voz: Jamas (Julio Negueruela) Produción musical: Møu (Javier Mourón) Gravado e mesturado por Møu en Rapapoulo Estudio Masterizado por Iago Pico en Pouland Studios 🔥🔁 / lumedoloop Letra: Estamos inmersos nunha era convulsa, confusa, na que custa buscar unha causa xusta, sempre hai máis nervio se es nai ou pai, moito máis, quizais sexamos inmortais... Involucionar é o deporte máis universal, as neuronas afogan no abisal mar visceral, os fascistas tras ir nas listas xa bailan na pista política e aquí ninguén rechista... Cando ler un libro está en perigo de extinción, a xente confunde coñecemento con información, os nenos non queren ser José Saramago, youtubers, tiktokers, instagramers é o maior reclamo. Pseudoanalfabetos no sentido cultural, o nivel está a ras de chan, sobre-estimular con contidos estériles crea sociedades infértiles, sen identidade nin carácter. Que cres que será de nós pasado mañá? Se hoxe xa ata a intelixencia é artificial... Penso que esta é unha época funesta, eu síntoo, non pretendo ser un augafestas, pero... x2 Non... eu non o vexo nada claro, quizais... sexa que son eu raro pero estou... case seguro de que a cada segundo agarda un futuro máis escuro. Cando acabemos co medio darémonos conta de que o puto capitalismo ten premio, será tarde para volver a árbore, non quedará de pé nin un só tronco no que abrazarte. Non coñezo nada máis insaciable que o apetito dun tipo moi rico con fame, nin argumentos para que solte os cubertos, nin sequera o fará polo futuro dos seus netos... Se a súa satisfacción xustifica a extinción, a nosa supervivencia implica a súa eliminación. Estamos preto do punto de non retorno, máis boletos no peto? Mellor que non... Quente estase tan ben no sofá que se a xente sofre en fronte tanto dá, o sol non se pon no xardín de fantasía, alá onde a egolatría sepulta a empatía. Se terra e auga —barro, lama— somos os obreiros, os grandes grupos de medios son os oleiros; modélannos... desde os pés ata o bico, conseguen que os pobres dean o seu voto para os ricos, pero x2 Non... eu non o vexo nada claro, quizais... sexa que son eu raro pero estou... case seguro de que a cada segundo agarda un futuro máis escuro.