У нас вы можете посмотреть бесплатно #TextilLonia или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
📢As traballadoras de #TextilLonia de #Ourense continúan coas protestas tras a decisión da dirección de abandonar a mesa de negociación aberta para abordar melloras por riba do precario convenio do sector. ⚠️Ademais das concentracións diarias diante de tendas de #CarolinaHerrera e #PurificaciónGarcía previstas até o 6 de febreiro, para ese mesmo día teñen organizada unha caravana de vehículos a partir das 18:00 horas. “Que STL se levante da mesa de negociación non é casual nin accidental: é a expresión máis clara do poder económico impoñéndose aos dereitos laborais. A empresa escolle o enfrontamento e pretende manter un pulso ás traballadoras, confiando en cansalas e silencialas. Un pulso que, segundo como decida resolvelo, pode ter consecuencias importantes e manchar aínda máis a imaxe das súas marcas. A compañía ten na súa man mudar xa, dunha vez por todas, as condicións laborais para que a sociedade esqueza este conflito, ou permitir que a mancha siga medrando”, tal e como sinala a secretaria comarcal da CIG de Ourense, Xulia González. Desde a central sindical salientan a valentía e o enorme esforzo das empregadas de Téxtil Lonia que, “tras anos e anos aguantando e calando, agora decidiron dar un paso adiante e continuar coa loita.” Ao tempo que lle lanzan unha mensaxe á dirección: “as traballadoras soportaron, pero xa non. Esixen un cambio inmediato de actitude por parte da empresa, e unha mellora nas súas condicións laborais, porque é o xusto. Se queren seguir dialogando, aquí estamos. Se prefiren a confrontación, aquí seguiremos estando tamén”.