У нас вы можете посмотреть бесплатно LAB LGBT+ "O que se mova é gay" · Que leva a unhe docente LGBT+ a visibilizarse ou a non facelo? или скачать в максимальном доступном качестве, видео которое было загружено на ютуб. Для загрузки выберите вариант из формы ниже:
Если кнопки скачивания не
загрузились
НАЖМИТЕ ЗДЕСЬ или обновите страницу
Если возникают проблемы со скачиванием видео, пожалуйста напишите в поддержку по адресу внизу
страницы.
Спасибо за использование сервиса ClipSaver.ru
Vídeo 4/4. Se falamos de experiencias e referentes, non podíamos desenvolver unha mesa sen a participación de @anaojealonso . ✨ Ana Ojea Alonso é profesora lesbiana visible de Cultura Audiovisual, responsable do programa de atención á diversidade sexual, de identidade de xénero e familiar e titora LGBTIQA+ no IES Politécnico de Vigo, inaugurando estas titorías en Galicia. É tamén cofundadora e coordinadora da Rede educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia (@rededucalgbtiq ), a primeira asociación de docentes e educadoras LGBTI+ e aliadas do Estado. O seu traballo e implicación abriu camiño para todes, empezando polo seu alumnado e continuando con todas as educadoras que coñecemos e admiramos as iniciativas das que participa. Tal e como nos contaban Ana Amigo Ventureira e Rocío Cadahía Fernández, a visibilidade do profesorado lgbt+ continúa a ser moi limitada e adoita implicar expoñerse a múltiples situacións de violencia. Ana Ojea Alonso defínese a si mesma como profesora lesbiana visible, e quixemos saber que a levou a dar ese paso, que impacto cre que tivo no alumnado e como esa decisión foi abrindo outras posibilidades. Dende aí, Ana contounos a súa propia deriva e como un xesto tan persoal acabou por facer posibles outras accións e iniciativas no centro, e mesmo fóra del. Neste vídeo recollemos parte dese camiño. E ti, coñecías a Rede Educativa de Apoio LGBTIQA+ ou a existencia das titorías LGBTIAQ+? @rexenerandocoop @depucoruna @udc_oficial Vídeo de @zonahadal – Esta segunda edición do LAB LGBT+ foi posible grazas ao programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2025 da Deputación da Coruña, subvencionado nun 74,52%, cun importe de 29.127,00€. 🙌🏽Esta xornada conta tamén coa colaboración da Universidade da Coruña, que nos cedeu xenerosamente o espazo.